Bieito XVI, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
GhalyBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio tl:Benedicto XVI por tl:Papa Benedicto XVI
Liña 148: Liña 148:
[[ta:திருத்தந்தை பதினாறாம் பெனடிக்ட்]]
[[ta:திருத்தந்தை பதினாறாம் பெனடிக்ட்]]
[[th:สมเด็จพระสันตะปาปาเบเนดิกต์ที่ 16]]
[[th:สมเด็จพระสันตะปาปาเบเนดิกต์ที่ 16]]
[[tl:Benedicto XVI]]
[[tl:Papa Benedicto XVI]]
[[tpi:Benedict XVI]]
[[tpi:Benedict XVI]]
[[tr:XVI. Benedictus]]
[[tr:XVI. Benedictus]]

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2013 ás 14:19

Modelo:PapS-XXI

Bieito XVI en 2010

Bieito XVI[1], nado co nome de Joseph Ratzinger en Marktl am Inn (Baviera) o 16 de abril de 1927, é o 265º Papa da Igrexa Católica e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 19 de abril de 2005. En 1981 Xoán Paulo II nomeouno prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe, cardeal dende 1993, e en 2002 accedeu ao posto de Deán do Colexio de Cardeais. Foi un dos homes con máis influencia durante os últimos anos do papado de Xoán Paulo II.

Traxectoria

Era fillo dun oficial de policía; ao se xubilar seu pai a familia instálase na cidade de Traunstein. En 1943 serve, obrigatoriamente, no servizo auxiliar alemán. En 1945 foi internado, brevemente, nun campo de prisioneiros de guerra, unha vez liberado entra no seminario. Ordenado o 29 de xuño de 1951 polo cardeal Michael von Faulhaber. Entre 1959 e 1963 foi profesor na Universidade de Bonn, para pasar posteriormente á Universidade de Münster. En 1966 asume a cátedra de teoloxía na Universidade de Tübingen, onde foi colega de Hans Küng. En 1969 regresa a Baviera, á Universidade de Regensburg.

Elección coma Papa

O 19 de abril de 2005 o cardeal Ratzinguer foi elixido Papa no segundo día do conclave tras catro rondas de votacións. Concidiu coa festividade do día de San León IX o máis importante papa alemán na Idade Media xa que no seu papado acometeu numerosas. Antes da súa primeira aparición no balcón da praza de San Pedro despois de ser elixido papa, o cardeal chileno Jorge Arturo Medina Estévez anunciou a súa elección coa frase "queridos irmáns" en italiano, español, francés, alemán e inglés, e a forma tradicional "Habemus Papam" en latín; o mesmo cardeal Medina impúxolle o palio, mentres que Angelo Sodano lle colocou o "anel do pescador". No balcón as primeiras palabras de Bieito XVI como papa foron:

Queridos irmáns, despois do gran papa Xoán Paulo II, os señores cardeais elixíronme a min, un simple e humilde traballador da viña do Señor. Consólame o feito de que o señor sabe traballar e actuar con instrumentos insuficientes e sobre todo encoméndome as vosas oracións. Na alegría do Señor resucitado, confiando na Súa continua axuda, sigamos adiante, que o Señor nos axudará e a Súa santísima Nai estará do noso lado. grazas

"

Simboloxía do escudo Papal de Bieito XVI

O escudo Papal de Bieito XVI conserva algúns elementos do escudo do cardeal Ratzinger e descarta a tripla tiara pontificia, substituíndoa por unha mitra. Foi o mesmo Papa quen agregou o palio, a estola de la, que simboliza a autoridade episcopal. Bieito XVI mantivo a concha, que simboliza a peregrinación e o peregrino. Tamén está o mouro de Frisinga situado na esquina superior esquerda, que simboliza a universalidade da Igrexa. Ao seu lado, o oso de Corbitiano, simbolizando as cargas da Igrexa a través da lenda de Corbitiano, un bispo que predicou na antiga rexión de Baviera. O escudo complétase coas dúas chaves cruzadas que representan a San Pedro.[Cómpre referencia]

Visita a Galicia

Bieito XVI visitou Galicia o 6 de novembro de 2010, co gallo do Ano Xacobeo. Foi a súa primeira visita a Galicia e a terceira vez que un papa acode a Santiago de Compostela durante o pontificado. O seu avión aterrou en Lavacolla procedente de Roma ás 11:30 da mañá. Posteriormente desprazouse ata a catedral de Santiago, á que entrou ás 13:00, pasando pola Porta Santa ás 13:25 visitando o lugar onde para a igrexa católica está soterrado Santiago o Maior. Despois de xantar no pazo arcebispal, celebrou unha misa ás 16:30. Ás 19:45 despegou de novo de Lavacolla con dirección a Barcelona[2].

A visita custou aproximadamente 3 millóns de euros das arcas públicas, o que vén sendo uns 6.450 euros por minuto de estancia.[3], dos que aproximadamente a metade se destinaron á retransmisión da TVG.

Notas

Véxase tamén

Galería de imaxes de Bieito XVI

Modelo:Link FA