Proletariado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
GhalyBot (conversa | contribucións)
Liña 53: Liña 53:
[[sh:Proletarijat]]
[[sh:Proletarijat]]
[[simple:Proletariat]]
[[simple:Proletariat]]
[[sk:Proletariát (marxizmus)]]
[[sk:Proletariát (sociológia)]]
[[sl:Proletariat]]
[[sl:Proletariat]]
[[sr:Пролетаријат]]
[[sr:Пролетаријат]]

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2013 ás 11:29


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Real provisión de 1775 que autorizaba fábricas de lenzos no Reino de Galicia

O proletariado (do latín proles, linaxe ou descendencia) é un termo empregado para identificar unha clase social máis baixa. Un membro de tal clase é chamado un proletario. Orixinalmente identificábase como aquelas persoas que non teñen outra riqueza que os seus fillos. O termo era utilizado inicialmente nun sentido despectivo, ata que Karl Marx o empregou nun sentido positivo para identificar o que el chamou a clase obreira.

O proletariado na teoría marxista

Na teoría marxista, o proletariado é aquela clase da sociedade que no ten a propiedade dos medios de produción. Polo tanto, a única fonte de ingresos para os proletarios é a venda da súa forza de traballo.

O marxismo ve o proletariado e a burguesía (a clase propietaria) como inherentemente hostiles, dado que, por exemplo, os traballadores de fábrica desexan que os salarios sexan tan altos como sexa posible, mentres que os donos desexan que os costes, e polo tanto os salarios, sexan tan baixos como sexa posible.