Panamá: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: bxr:Панама
GhalyBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio ckb:پاناما por ckb:پەنەما
Liña 129: Liña 129:
[[ce:Панама]]
[[ce:Панама]]
[[ceb:Panama]]
[[ceb:Panama]]
[[ckb:پاناما]]
[[ckb:پەنەما]]
[[crh:Panama]]
[[crh:Panama]]
[[cs:Panama]]
[[cs:Panama]]

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2013 ás 10:39

Modelo:País A República de Panamá é un país de América central, localizado entre Costa Rica e Colombia, o mar Caribe e o Océano Pacífico. A súa principal fonte de ingresos é o portádego do Canal de Panamá dende 1999 en que deixou de ser estadounidense.

A capital do país é Cidade de Panamá, oficialmente Panamá.

Xeografía

A República do Panamá está situada no istmo que une a América Central con América do Sur. O país, dividido polo Canal do Panamá, está percorrido no centro por cadeas montañosas a maneira dun elevado espiñazo, mentres desde estas ás costas se desenvolven alturas de transición até as chairas costeiras, que son percorridas por ríos de curto percorrido.

No oeste do país érguese a serra de Talamanca, que se prolonga desde a veciña Costa Rica. Nela se levantan as maiores altitudes do país, que superan os 3.000 m, como o Cerro Echande (3.168 m), o volcán Chiriquí ou Barú (3.475 m) ou o Cerro Fábrega (3.335 m). Estas cimas son continuadas pola serra de Tabasará, con cimas de menor desenrolo (Cerro Chorcha, 2.238 m; Cerro Chicú, 1.764 m). No lado sur-oriental do istmo as alturas son tamén menores (serra de San Blas, serra do Sapo, serranía do Darién).

Panamá conta con varias illas, das que cómpre citar na costa caribeña o arquipélado de Bocas del Toro pecha a lagoa litoral de Chiriquí. No Océano Pacífico sitúanse as illas Secas, a illa de Coiba, a de Jicarón e a de Cebaco a oeste; no leste, dentro do golfo de Panamá, as illas das Perlas e a illa de San Miguel.

Os ríos son curtos debido á relativa escasa distancia entre os cordais montañosos e o mar. Entre os cursos fluviais que desaugan no Mar Caribe, salientan o Sixaola, o Chagres e o Toabré. Na vertente do Océano Pacífico cabe citar o Chiriquí, o Santa María e, xa no Darién, o Tuira (con un importante afluente, o Chucunaque) e río Sambu. Hai tamén algúns lagos, como os que serviron para facilitar a construción da grande canle transoceánica; fóra deles o Alajuela e oBayano son os maiores.

Xeografía política

Mapa de Panamá con indicación das nove provincias e máis das tres comarcas indíxenas

Panamá está dividido en nove provincias e tres zonas indíxenas con status de provincias denominadas, comarcas indíxenas (correntemente ditas soamente comarcas).

Hai ademais dúas comarcas no interior de provinias e quee son consideradas equivalentes a un correxemento.

As provincias (entre parénteses as capitais respeitivas) son:

  1. Bocas del Toro (Bocas del Toro).
  2. Chiriquí (David).
  3. Coclé (Penonomé).
  4. Colón (Colón).
  5. Darién (La Palma).
  6. Herrera (Chitré).
  7. Los Santos (Las Tablas).
  8. Panamá (Panamá).
  9. Veraguas (Santiago de Veraguas).

As tres comarcas indíxenas son:

  1. Emberá (Unión Choco).
  2. Kuna Yala (El Porvenir).
  3. Ngöbe-Buglé (Chichica).

As dúas comarcas subprovinciais son:

  1. Kuna de Madugandí (Akua Yala).
  2. Kuna de Wargandí (Nurra).

Economía

Artigo principal: Economía de Panamá.

Véxase tamén

Ligazóns externas