Alma máter: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Dexbot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: fa:مادر علمی
GhalyBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ky:Альма-матер
Liña 35: Liña 35:
[[ko:모교]]
[[ko:모교]]
[[ku:Alma mater]]
[[ku:Alma mater]]
[[ky:Альма-матер]]
[[lmo:Alma mater]]
[[lmo:Alma mater]]
[[lt:Alma mater]]
[[lt:Alma mater]]

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2013 ás 02:25

Representación alegórica da alma mater nun grupo escultórico na Universidade de Illinois en Urbana-Champaign

Alma mater é unha locución latina que significa literalmente "nai nutricia" (que alimenta) e que se emprega para referirse metaforicamente a unha universidade, aludindo á súa función provedora de alimento intelectual, xeralmente para referirse ao sitio onde determinada persoa cursa ou cursou os seus estudos universitarios.

A locución era empregada na Antiga Roma para describir á deusa nai e, máis tarde, á Virxe María, pero a orixe do seu uso actual é o lema Alma Mater Studiorum («nai nutricia dos estudos») da universidade máis antiga do mundo occidental en funcionamento ininterrompido: a Universidade de Bolonia, fundada en 1088. A locución pasou a moitas linguas modernas co significado de academia no sentido de comunidade científica.

En relación, ha de engadirse que a palabra matriculación, por exemplo, derívase tamén de mater. De aí suxírese que a institución universitaria alimenta de coñecementos e coida dos seus alumnos.

Simboloxía

A alma mater é o símbolo principal da Universidade da Habana, representada nunha estatua de bronce ao alto da escalinata da devandita universidade, obra do escultor checo Mario Korbel.