Revolución Francesa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
GhalyBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ckb:شۆڕشی فەڕەنسا
Liña 59: Liña 59:
[[ca:Revolució Francesa]]
[[ca:Revolució Francesa]]
[[ceb:Rebolusyong Pranses]]
[[ceb:Rebolusyong Pranses]]
[[ckb:شۆڕشی فەڕەنسا]]
[[cs:Velká francouzská revoluce]]
[[cs:Velká francouzská revoluce]]
[[cy:Y Chwyldro Ffrengig]]
[[cy:Y Chwyldro Ffrengig]]

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2013 ás 17:24

Toma da Bastilla, 14 de xullo de 1789
Luís XVI de Francia

A revolución francesa de 1789 xurdiu a consecuencia das ideas da Ilustración e en contra do Antigo Réxime e o poder do clero e da nobreza no Reino de Francia. A Revolución Americana servira de exemplo aos ideais de liberdade e igualdade.

Historia

Francia pasaba por un período de crise económica despois de anos de prosperidade. A participación francesa na guerra da independencia americana e mailos elevados custos da corte do rei Luís XVI deixaran as finanzas do país en mal estado, o tesouro estaba practicamente baldeiro e os campesiños e artesáns afundíanse na miseria como consecuencia dos impostos e de varios anos de malas colleitas ao que se xuntaba os intereses da burguesía francesa que quería participar no poder político e rematar co réxime absolutista.

A decisión do rei de facer pagar impostos á nobreza para evitar a bancarrota do Estado obrigou a que o rei convocara os Estados Xerais, asemblea de orixe medieval que non se xuntaba desde séculos atrás, co fin de anunciar o aumento dos impostos para facer face a aquelas dificultades financeiras acabaría por desencadear a Revolución, xa que era a oportunidade que estaba a agardar a burguesía que estaba tamén representada nos Estados Xerais como terceiro estado, axiña se axuntaron estes os burgueses de París provocaron unha serie de grandes manifestacións populares, a máis importante foi a que rematou no asalto á Bastilla o 14 de xullo de 1789, que asustaron ao rei e obrigraron a ceder aos seus desexos, os Estados Xerais convertéronse na Asemblea Constituínte, xa controlada pola burguesía, que suprimiu os privilexios da nobreza, deu fin ao absolutismo e instaurou a monarquía constitucional; decretou que o poder residía no pobo e proclamou as liberdades políticas, o cal deu orixe á aparición dos partidos políticos, os máis importantes foron os xirondinos, representantes dos intereses da alta burguesía que consideraba que a revolución triunfara e non debía seguir adiante e os xacobinos, representantes da clase media que aspiraban a seguir cunha revolución que destituíra ao rei e proclamara unha república. Ademais destas dúas forzas xurdiron clubs, organizacións populares que agrupaban cidadáns de ideoloxía e condición social semellante, o club dos xacobinos foi o máis importante, formado por membros do partido xacobino, e o club dos cordeliers que promoveu numerosas manifestacións populares.

Luís XVI cada volta estaba nunha situación máis incómoda xa que non aceptaba a perda do seu poder e o desprazamento da nobreza, en xuño de 1791 fuxiu de París en secreto pero antes de poder cruzar a fronteira descrubrírono e foi enviado de volta a París. En abril de 1792 Francia entraba en guerra con Austria e moi pronto estendeuse a toda Europa, cando se tivo coñecemento dunhas cartas do rei chamando os austríacos a marchar sobre a capital francesa o rei foi encarcerado, xulgado por traizón e condenado a morte na guillotina ao tempo que se proclamaba a República. Esta situación favoreceu o triunfo dos xacobinos dirixidos por Maximilien de Robespierre que acabou por establecer unha ditadura mediante a aplicación sistemática do terror mediante o Tribunal de Salvación Pública que enviou a milleiros de franceses sospeitosos de opoñerse á República á guillotina. O réxime de Robespierre tivo éxito en rexeitar a invasión estranxeira e en imposibilitar calquera intento de restauración monárquica pero un sector ata entón colaborador de Robespierre comezou a afastarse alarmado polo aumento do protagonismo das masas en París. O 27 de maio de 1794 un golpe de Estado supuxo a fin do goberno dos xacobinos, establecéndose un Directorio controlado pola alta burguesía o que non impediu que o resto de Europa seguise vendo Francia como un perigo que pretendía estender os ideais revolucionarios polo continente polo que o enfrontamento armado continuou pero a partir de 1796 foi Francia a que tomou a iniciativa contratacando e ocupando varios estados europeos, nos cales estableceu repúblicas ao estilo francés, neste cambio estratéxico foi fundamental a figura dun xeneral novo, Napoleón Bonaparte que se converteu nunha das figuras máis populares de Francia e en novembro de 1799 diante o rumor que afirmaba que os xacobinos estaban preparando un golpe de estado acudiu coas súas tropas a París e co pretexto de establecer a orde tomou o poder, acabando co Directorio e establecendo un goberno persoal que culminou en 1804 ao proclamarse emperador.

A revolución dá inicio á era moderna na Francia. Acabou co feudalismo en Francia e proclama os principios de "Liberdade, Igualdade e Fraternidade" (Liberté, Egalité, Fraternité). Acabou tamén cos privilexios da nobreza e de castas e comezaron a imperar os ideais igualitarios.

Datas e Feitos Esenciais

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA