Organización das Nacións Unidas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
GhalyBot (conversa | contribucións)
Liña 274: Liña 274:
[[gan:聯合國]]
[[gan:聯合國]]
[[gn:Tetãnguéra Joaju]]
[[gn:Tetãnguéra Joaju]]
[[gu:સંયુક્ત રાષ્ટ્રસંઘ]]
[[gu:યુનાઈટેડ નેશન્સ]]
[[gv:Ny h-Ashoonyn Unnaneysit]]
[[gv:Ny h-Ashoonyn Unnaneysit]]
[[ha:Majalisar Ɗinkin Duniya]]
[[ha:Majalisar Ɗinkin Duniya]]

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2013 ás 15:12

Bandeira da ONU
Sede da ONU en Nova York

Organización das Nacións Unidas, ONU. Fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a Segunda Guerra Mundial.

A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres). A sede actual está na cidade de Nova York.

A precursora das Nacións Unidas foi a Sociedade de Nacións (tamén coñecida como "Liga das Nacións"), organización concibida en circunstancias similares durante a Primeira Guerra Mundial e estabelecida en 1919, en conformidade co Tratado de Versalles, "para promover a cooperación internacional e conseguir a paz e a seguridade". Todos os países soberanos internacionalmente recoñecidos son membros, excepto o Vaticano, en calidade de observador, e Taiwan (un caso especial, recoñecida por poucos países). Dende o 14 de xullo de 2011 a ONU ten 193 Estados Membros. O seu secretario xeral é Ban Ki-moon dende o 1 de xaneiro de 2007.

Un dos feitos máis destacábeis da ONU é a proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948.

Idiomas oficiais

A ONU utiliza 6 linguas oficiais: árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso. Case todas as reunións oficiais son interpretadas simultaneamente para estas linguas. Case todos os documentos oficiais, en soporte de papel e "on-line", son traducidos para estes seis idiomas. Nalgunhas dependencias, como na Secretaría, as conferencias e mailos documentos de traballo son só en francés e inglés ou en español, francés e inglés e as publicacións realízanse nestes dous ou tres idiomas.

Antecedentes e Historia

A idea das Nacións Unidas foi elaborada na declaración, asinada durante a Segunda Guerra Mundial, na conferencia de Aliados celebrada en Moscova en 1943. O daquela presidente dos Estados Unidos da América, Franklin Delano Roossevelt, suxeriu o nome de "Nacións Unidas". O 25 de abril de 1945 celebrouse a primeira conferencia en San Francisco. Á parte dos gobernos, foron convidadas organizacións non gobernamentais. As 50 nacións representadas na conferencia asinaron a Carta das Nacións Unidas dous meses máis tarde o 26 de xuño; Polonia, que non estivera representada na conferencia, engadiu o seu nome máis tarde.

A ONU comeza a súa existencia o 24 de outubro de 1945, despois de ter sido ratificada a Carta polos entón cinco membros permanentes do Consello de Seguridade (República Popular da China, Francia, A Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas, o Reino Unido e os Estados Unidos da América) e pola gran maioría dos outros 46 membros.

Actualmente os 5 Membros Permanentes do Consello de Seguridade son os únicos que teñen veto nas decisións. Estes son os Estados Unidos da América, a Federación Rusa, Francia, o Reino Unido e a República Popular da China.

Os fundadores da ONU tiñan grandes esperanzas de poderen actuar para previren novas guerras. Aqueles desexos non se conseguiron en moitos casos. Desde 1947 ata 1989 (Caída do Muro de Berlín) a división do mundo en zonas hostís durante a chamada Guerra fría tornou este obxectivo moi difícil de acadar debido ao sistema de veto do Consello de Seguridade.

Sistema das Nacións Unidas

Nacións Unidas
UNESCO
UNICEF
WHO
ICAO
World Meteorological Organization
Ficheiro:Flag of ITU.svg
ITU
Axencia Internacional da Enerxía Atómica

O Sistema das Nacións Unidas está centralizado por:

A.-Programas e Órganos

B.-Outros Órganos das Nacións Unidas

  • 1.-ACNUDH, Alto Comisariado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.
  • 2.-ONUSIDA, Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o HIV/SIDA.
  • 3.-GNOPS, Gabinete das Nacións Unidas de Servizos para Proxectos.
  • 4.-UNSC, United Nations System Staff College
  • 5.-UNU, Universidade das Nacións Unidas.

C.-Institutos de Estudo e Investigación

  • 1.-INSTRAW, International Research and Training Institute for the Advancement of Women.
  • 2.-UNICRI, United Nations Interregional Crime and Justice Research Institute .
  • 3.-UNIDIR, United Nations Institute for Training and Research
  • 4.-UNITAR, United Nations Research Institute for Social development .
  • 5.-UNRISD United Nations Institute for Disarmament Research (Reports only to the General Assembly).

D.-Comisións Orgánicas

E.-Comisións Rexionais

F.-Órganos Conexos

G.-Organismos Especializados

  • NOTA: As siglas varían segundo os idiomas oficiais das Nacións Unidas.

Política

Lingüística

A Organización das Nacións Unidas ditou, no ano 1966, que “nos estados en que haxa minorías étnicas relixiosas ou lingüísticas, as persoas que pertenzan a estas minorías non poden ser privadas do dereito de ter, comunitariamente co resto de membros do seu grupo, a súa propia vida cultural, nin de practicar e profesar a súa propia relixión, nin de usar a súa propia lingua”.

Principais contribuíntes ao orzamento da Organización

ONU.Países con participación superior a 1%
nos ingresos do orzamento ordinario da ONU (2003).
Estados Unidos da América 22 %
Xapón 19,51 %
Alemaña 9,76 %
Francia 6,46 %
Reino Unido 5,53 %
Italia 5,06 %
Canadá 2,55 %
España 2,51 %
Brasil 2,39 %
Corea do Sur 1,85 %
Holanda 1,73%
Australia 1,62 %
China 1,53 %
Suíza 1,27 %
Rusia 1,20 %
Bélxica 1,12 %
México 1,08 %
Suecia 1,02 %

Véxase tamén

Artigos relacionados

Países fundadores da ONU

Arabia Saudí, Arxentina, Australia, Bélxica, Bolivia, Brasil, Belarús, Canadá, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Cuba, Checoslovaquia, Dinamarca, Ecuador, Exipto, O Salvador, Etiopía, Estados Unidos de América, Federación de Rusia, Filipinas, Francia, Grecia, Guatemala, Haití, Honduras, India, Irán, Iraq, Líbano, Liberia, Luxemburgo, México, Nova Celandia, Nicaragua, Noruega, Países Baixos, Panamá, Paraguai, Perú, Polonia, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, República Árabe Siria, República Dominicana, Sudáfrica, Turquía, Ucraína, Uruguai, Venezuela, Iugoslavia.

Ligazóns Externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA