Cardiff: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Engado: ie:Cardiff |
m r2.7.3) (Bot: Cambio tl:Cardiff por tl:Kardip |
||
Liña 131: | Liña 131: | ||
[[ta:கார்டிஃப்]] |
[[ta:கார்டிஃப்]] |
||
[[th:คาร์ดิฟฟ์]] |
[[th:คาร์ดิฟฟ์]] |
||
[[tl: |
[[tl:Kardip]] |
||
[[tr:Cardiff]] |
[[tr:Cardiff]] |
||
[[uk:Кардіфф]] |
[[uk:Кардіфф]] |
Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2013 ás 01:48
Coordenadas: 51°29′N 03°11′O / 51.483, -3.183
Caerdydd (en galés; Cardiff en inglés) é a capital e cidade mais importante de Gales. Situada en na badía de Bristol, ó suroeste de Gales e preto da fronteira con Inglaterra, expandiuse enormemente durante o século XIX debido á industria mineira e ó tráfico dos seus portos.
Segundo o censo de 2011, a poboación de Cardiff é de 341.054 habitantes, sendo a décima cidade máis grande do Reino Unido.
Historia
Cardiff foi fortificado polos romanos durante a ocupación das Illas Británicas. Durante a revolución industrial, a maioría do carbón exportado do mundo sae do porto de Cardiff e a riqueza que xera permite a remodelación do Castelo de Cardiff e de Castell Coch. No 28 de outubro de 1905, Cardiff obtén o estatuto de cidade por parte de Eduardo VII e o 20 de decembro de 1955 pasa a ser capital de Gales.
Edificios e lugares de interese
- Millennium Stadium. Trátase do campo de rugby cuberto mais grande do Reino Unido, cun aforo dunhas 74.500 persoas. Foi construído en 1999 para a celebración do Campionato do Mundo de rugby, nel celébranse tamén concertos e algúns outros acontecementos deportivos.
- O Castelo de Cardiff. Foi construído en 1091 e reformado durante a época vitoriana.
- Millenium Centre. É un complexo de danza e artes dramáticas situado na badía de Cardiff. Inaugurouse en novembro de 2004.
- Museo e Galería Nacional de Cardiff. Terminado de construir en 1927, conten numerosas obras impresionistas, como O Bico de Auguste Rodin, realizado en bronce, ou La Parisienne, de Pierre-Auguste Renoir.
- Bute Park. Xigantesco parque que se estende dende o Castelo de Cardiff cara ó norte, atravesando o centro urbano e seguindo o curso do río Taff.
- A catedral de Llandaff, do século XIII.
- Casa Consistorial.
Irmandades
Cardiff está irmandada coas seguintes cidades:
Anteriormente estivo irmandada con Baltimore nos Estados Unidos de América pero este acordo expirou fai tempo.
Celebridades
Ioan Gruffudd, actor (nado o 6 de outubro de 1973).
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Cardiff Council site (en inglés)
- Cardiff Online (en inglés)