Béisbol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Cambio ckb:بەیس بۆڵ por ckb:بەیسبۆڵ
DragonBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: bn:বেসবল
Liña 51: Liña 51:
[[be-x-old:Бэйсбол]]
[[be-x-old:Бэйсбол]]
[[bg:Бейзбол]]
[[bg:Бейзбол]]
[[bn:বেসবল]]
[[br:Baseball]]
[[br:Baseball]]
[[bs:Bejzbol]]
[[bs:Bejzbol]]

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2013 ás 01:01

Campo de béisbol

O béisbol é un deporte que xogan 18 xogadores. Son nove por equipo que se alternan bateando e defendendo. Procede probablemente do críquet que levaron os colonos británicos a Norteamérica. En 1846 xógase o primeiro partido oficial.

Procede dun grupo de xogos similares á billarda de longa traxectoria. De feito nunha das miniaturas das Cantigas de Afonso X aparecen varias persoas xogando a algo semellante. Pola posición dos homes o xogo amosado é moito máis parecido ao béisbol que ao criquet ou a billarda.

Hoxe en Galicia o béisbol conta con Federación propia desde 1989, cando foi creada por varios colectivos, liderados por Ernesto Pérez da Sociedade Palaestra e Eduardo Pérez da Asociación Hercle. Un problema na difusión deste deporte é a falta de campos de xogo propios. O béisbol conta con unha instalación exclusiva en Galicia; o campo de Acea da Ama. O campo de béisbol ten unha forma aproximada a un cuarto de círculo ou un diamante.

En Galicia o seu auxe débese en boa parte aos emigrantes retornados, especialmente de Venezuela e Cuba. En 1944 fúndase a Federación Española de Béisbol e en 1955 a selección española queda campioa de Europa. En 1992, nos Xogos Olímpicos de Barcelona, o béisbol é por primeira vez deporte olímpico.

O obxectivo deste deporte é conseguir máis carreiras có rival. Conséguese unha carreira cando un corredor pisa en orde e sen ser eliminado, nunha ou máis xogadas, a 1ª base, a 2ª base, a 3ª base e a base de home. Neste deporte participan 18 xogadores. Son nove por equipo que se alternan bateando e defendendo. Na defensa as posición son:

  • Lanzador (Pitcher)
  • Receptor (Catcher)
  • Primeira base
  • Segunda base
  • Terceira base
  • Parador en curto (Short stop, xogador que se atopa entre terceira e segunda)
  • Exterior dereito
  • Exterior central
  • Exterior esquerdo

O equipo na defensa coloca aos seus xogadores no campo. O equipo atacante vai pasando polo caixón de bateo para intentar golpear a pelota lanzada polo pitcher e chegar á base sen ser eliminado. Cando o equipo defensor consegue eliminar tres atacantes, pasa a ser atacante. Cando pasan os dous equipos polo ataque remata unha "entrada". Unha entrada, deste xeito, componse dunha quenda de bateo e unha quenda de defensa para cada equipo.

No béisbol o lanzador intenta enviar a bóla a un compañeiro, que é o receptor, situado detrás do batedor, intentando que este non intercepte o lanzamento. A un batedor pódelo eliminar de varias maneiras: lanzando tres strikes, collendo a pelota bateada antes de que toque o chan, ou ben tocando a primeira base tendo a pelota antes de que esta sexa pisada polo batedor ou tocando un defensa ao batedor coa pelota cando este intenta chegar á primeira base.

No ataque deben intervir todos eles bateando, pero pode existir un bateador designado (xogador especial que ás veces sustitue ó lanzador no seu turno de bateo). O terreo de xogo, ten como parte primordial un cuadrado denominado "cadro", e colocado sobre unha das súas esquina está a meta, chaamada en inglés "home" es que é o lugar onde se batea.

Basicamente trátase de golpear a bola o máis forte ou colocada posible, aínda que nalgunhas xogadas faise un toque suave, chamado "toque de sacrificio" que ten como obxectivo facer que bateadores anteriores que alcanzaran algunha base, adianten posicións.

Ficheiro:Mouvement lanceur baseball.jpg
Lanzamento

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA