Jean-Jacques Rousseau: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: pa:ਰੂਸੋ
JaviP96 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Nados en 1712 mediante HotCat
Liña 36: Liña 36:
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
[[Categoría:Personalidades da filosofía do dereito]]
[[Categoría:Personalidades da filosofía do dereito]]
[[Categoría:Nados en 1712]]


[[af:Jean-Jacques Rousseau]]
[[af:Jean-Jacques Rousseau]]

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2013 ás 22:38

Jean-Jacques Rousseau

Jean-Jacques Rousseau, nado o 28 de xuño de 1712 e finado o 2 de xullo de 1778, foi un filósofo suizo, escritor, teórico político e un compositor autodidata. Unha das figuras sobranceiras do Iluminismo francés, Rousseau é tamén un precursor do romanticismo. Rousseau contase entre aqueles autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, face a un presente desordenado e desigual do século XVIII. Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el. Ler a Rousseau fai nacer "o desexo de camiñar a catro patas".

Rousseau asociase frecuentemente ás ideas anti-capitalistas e considerase un antecesor de socialismo e comunismo. Foi un dos primeiros autores modernos en atacar a propiedade privada. Victor Klemperer, ao estudar o Iluminismo francés en xeral e Rousseau en particular, viu en Adolf Hitler a concretización suprema dos ideais defendidos polo filósofo do século XVIII. Rousseau cuestionou a afirmación de que a maioría está sempre no certo e argumentou que o obxectivo do goberno debería ser asegurar a liberdade, igualdade e xustiza para todos, independentemente da vontade da maioría.

Traxectoria

Nado en Xenebra, Suíza, nunha familia protestante, faleceu en Ermenonville (40 km a nordeste de París). A súa nai morreu á súa nacenza e o pai entregouno con 10 anos de idade aos coidados do seu tío, que pola súa vez o entregou a un padre, co cal Rousseau viviu unha infancia infeliz. Despois de breve período de vagabundaxe, acabou por entrar nun hospicio en Turín. Despois de tentativas frustradas de acollemento nun seminario, atravesou en 1730 a Suíza e Francia ata que en 1742 asentou en París, onde coñeceu a Denis Diderot, algúns anos máis tarde. A través deste coñecemento, Rousseau tornouse un dos moitos colaboradores da Encyclopédie. El escribiu algúns artigos sobre música, a súa grande paixón.

Con a publicación do seu romance Émile ou de l'éducation (1762) entrou en conflito coas autoridades, razón pola cal fuxiu para Inglaterra en 1766, a convite de David Hume. En 1767 regresou para Francia baixo a protección dun nome falso, tendo casado un ano máis tarde coa súa amada de longa data, Thérèse Levaseur.

A tumba de Rousseau trasladouse ao Panthéon en Paris en 1794, seis anos despois da súa morte. A tumba foi deseñada como un templo rústico, por asociación coas súas teorías da natureza.

Se el morreu en 1778, e o ano da transferencia da tumba foi 1794, entón esta ocorreu 16 anos, e non 6, despois de súa morte,

O contrato social

Talvez a súa obra máis importante, "o contrato social" delinea a base dunha orde política lexítima. Publicado en 1762 e condenado polo parlamento de París cando apareceu, tornouse unha das obras máis influentes do pensamento político da tradición occidental. Elaborado con base na súa obra anterior, especialmente os "discursos sobre a desigualdade", Rousseau expón aquí o estado da natureza dexenerado nunha condición embrutecida sen lei nin moralidade, a un punto en que a humanidade deberá optar por reunir as súas forzas pois non pode crealas, mais direcionalas a fin de que se preserven a igualdade e a liberdade. A pesar de se parecer ao estado de natureza de Hobbes, ese estado dexenerativo, o cal describe Rousseau, é unha suposición usada como argumento retórico da súa obra e sen fundamento histórico.

De acordo con Rousseau, ao asociarse a través dun contrato social, os individuos asociados alienan seus dereitos ao recén formado corpo político. Esa total alienación é vantaxosa, pois que se forma aquí un novo corpo, indivisible e con vontade propia, así calquera dano ao corpo será un dano a todos, e calquera vantaxe ao corpo será unha vantaxe a todos, logo ninguén desexará prexudicar os demais. Afín de preservárense, os individuos asociados deberán obedecer a este corpo, o que non afronta á liberdade, mais substituía da natural pola convencional que será cumprir as leis que son as vontades dun pobo estabelecidas para el mesmo, logo obedecendo ao corpo, obedecese a si mesmo. Isto porque a submisión á autoridade da vontade xeral da poboación como un todo protexe os individuos da subordinación ás vontades doutros pola forza e asegura que estes lle obedezan pois eles son, colectivamente, os autores da lei.

Encanto Rousseau argumenta que a soberanía debería estar nas mans do pobo, el tamén fai unha distinción clara entre soberano, goberno e estado. Este goberno é criado nun aparente impase: Tense o pobo. O soberano tanto canto o estado son aspectos dese mesmo pobo, a diferenza é que nun aspecto o pobo é activo, señor de vontades que deberán ser cumpridas por el mesmo, que neste aspecto é o estado, o pobo encanto súbditos, cumpridores da vontade xeral. Mais como entón facerse obedecer? E a resposta é o goberno. Este, tamén pobo, é o orgón encarregado de executar as leis. Temos entón unha relación estreita entre soberano, goberno e estado. O soberano determina a súa vontade ao goberno que a fará cumprir polos súbditos.

Rousseau oponse ferozmente á idea de que as persoas deban exercer a soberanía a través dunha asemblea representativa, a soberanía é inalienable e indivisible. E como é da vontade xeral que se fan as leis, cabe sómente ao consenso determinar cales serán estas. Mais, lonxe de defender unha infalibilidade da vontade xeral, Rousseau argumenta polo traballo dos lexisladores dicindo que a pesar de sempre querer seu ben, o pobo non sempre o atopa. Cabería entón a unha alma sabia, coñecedora da natureza dos homes (Rousseau os metaforiza como deuses) positivar esas leis.

Véxase tamén

Outros artigos