Eris (planeta anano): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: mwl:Éris (planeta nano); modifico: eu:Eris (planeta nanoa)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio is:Eris por is:Eris (dvergreikistjarna)
Liña 83: Liña 83:
[[ilo:136199 Eris]]
[[ilo:136199 Eris]]
[[io:Eris]]
[[io:Eris]]
[[is:Eris]]
[[is:Eris (dvergreikistjarna)]]
[[it:Eris (astronomia)]]
[[it:Eris (astronomia)]]
[[ja:エリス (準惑星)]]
[[ja:エリス (準惑星)]]

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2013 ás 21:33

Eris é o planeta anano de maior tamaño do noso Sistema Solar. Foi descuberto por Michael E. Brown, Chad Trujillo e David Rabinowitz o 8 de xaneiro de 2005 a partir dunhas imaxes tomadas o 21 de outubro de 2003. Ten un único satélite natural ó que se lle deu o nome de Disnomia.

Historia e características

Durante algo máis dun ano este corpo celeste foi considerado como o décimo planeta do Sistema Solar polos seus descubridores, pero actualmente, segundo as estimacións da Unión Astronómica Internacional (UAI) na súa sesión do 24 de agosto de 2006, é considerado un planeta anano (xunto a Plutón e Ceres), unha nova categoría creada na devandita sesión.

Antes de que o 13 de setembro de 2006 se lle otorgase o seu nomeamento definitivo era coñecido co nome provisional de 2003 UB313.

Órbita

Eris presenta un período orbital duns 560 anos (tarda 560 anos en completar o seu movemento de translación) e arestora atópase á máxima distancia posible do Sol (afelio), a unhas 97 unidades astronómicas (UA) da Terra (14.400 millóns de quilómetros). Do mesmo xeito que Plutón, a súa órbita é moi excéntrica (chega a unhas 35 UA do Sol durante o perihelio) e ó contrario dos planetas telúricos e dos xigantes gasosos, a órbita de Eris está inclinada uns 44° respecto á eclíptica.

É un dos corpos do Sistema Solar máis brillante e a responsable de que non se tiveran datos sobre a súa existencia ata hai ben pouco é a inclinación da súa órbita, pois normalmente a maioría das buscas concéntranse no plano da eclíptica, onde se agrupa a maioría da materia do noso Sistema Solar.

Tamaño

Comparación do tamaño de Eris e Disnomia co resto dos corpos do Cinto de Kuiper e coa Terra.

Segundo observacións do telescopio espacial Hubble e do Observatorio Keck, o diámetro de Eris é de 2.398 km (±96 km) e a súa masa é de 1,66x1022 kg polo que é un pouco máis grande que Plutón.

Satélite

Disnomia é o único satélite de Eris.

Preséntase no espazo como un punto 60 veces menos luminoso que Eris polo que, se asumimos que os dous corpos presentan o mesmo albedo, o diámetro de Disnomia pode ser duns 350 km, oito veces máis pequeno que Eris.

O seu período orbital é de 14 días.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas



Modelo:Link FA Modelo:Link FA