ESRO 2B: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m Referencia
Xosema (conversa | contribucións)
Liña 58: Liña 58:


[[Categoría:Satélites ESRO]]
[[Categoría:Satélites ESRO]]

[[fr:ESRO 2B]]

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2013 ás 01:22

ESRO 2B / IRIS
ESRO 2B
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento17 de maio de 1968, 2:06 GMT[1][2][3][4][5]
Foguete portadorScout B[2][6]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónObservación solar e de raios cósmicos.[2]
Decaemento8 de maio de 1971[1]
NSSDC ID1968-041A
Masa89,8 kg[7][2]

ESRO 2B (European Space Research Organization), tamén coñecido como IRIS (International Radiation Investigation Satellite)[8] e mencionado a veces simplemente como ESRO 2, foi un satélite artificial europeo lanzado o 17 de maio de 1968 mediante un foguete Scout B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][6]

Características

ESRO 2B foi un dos membros do conxunto de satélites ESRO adicados a facer investigacións científicas. A misión do satélite consistíu en facer observacións do Sol e estudar os raios cósmicos, continuando as observacións feitas polo satélite OSO D da NASA, lanzado o ano anterior. O experimento de partículas foi deseñado para continuar as medicións iniciadas polo satélite Ariel 1, do Reino Unido. ESRO 2B estabilizábase mediante xiro, a 40 r.p.m., e completou 16.282 voltas á Terra antes de reentrar na atmosfera o 8 de maio de 1971, sobre as 3:00 UT. O satélite funcionou sen problemas ata o 10 de decembro de 1968, en que fallou a grabadora de datos, disminuíndo nun 80% o retorno de datos. ESRO 2B foi inxectado nunha órbita inicial de 1090 km de apoxeo e 330 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 97,2 graos e un período de 98,9 minutos.[7][3][1][4][2][8]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IRIS (ESRO 2B)" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "ESRO 2" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 14 August 1968 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (68-17658). 21 de agosto de 1968: 2.  Parámetro descoñecido |consultado= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  4. 4,0 4,1 "Note verbale dated 28 January 2004 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (04-51402). 2 de marzo de 2004: 3.  Parámetro descoñecido |consultado= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  5. Claude Lafleur (2010). "ESRO 2 / ESRO 2B / IRIS" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ESRO 2A, 2B (Iris 1, 2)" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Mark Wade (2011). "ESRO" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2013. 
  8. 8,0 8,1 Equipo Sirius, S.A. (ed.). "2.1 - Los primeros experimentos a bordo de satélites". Astronomía X. p. 46. 84-86639-83-2.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos