Tito (emperador): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: diq:Titus
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: arz:تيتوس
Liña 31: Liña 31:
[[an:Tito Flavio Sabín Vaspasián]]
[[an:Tito Flavio Sabín Vaspasián]]
[[ar:تيتوس]]
[[ar:تيتوس]]
[[arz:تيتوس]]
[[az:Tit]]
[[az:Tit]]
[[be:Ціт]]
[[be:Ціт]]

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2013 ás 00:06

Titus Flavius Sabinus Vespasianus, nado o 30 de decembro de 39 e finado o 13 de setembro de 81 foi un emperador romano. No ano 79, á morte do seu pai Vespasiano, quen foi divinizado, foi nomeado o seu sucesor. É o segundo emperador da dinastía Flavia.

Traxectoria

Tito seguira unha brillante carreira militar en Britania e Xermania e aplastou a rebelión xudía no ano 70. Despois de todos estes feitos, foi nomeado césar e o seu pai asociouno ó goberno.

A destrución do templo de Xerusalén, a súa lendaria xenerosidade e bondade de carácter e os seus contrariados amores con Berenice, irmá do rei xudeu Agripa II, converteron a Tito en protagonista de dramas e óperas.

Pero gobernou pouco tempo, apenas dous anos, e o seu paso pola escena política carece de relevo e interese.

A fama das súas boas cualidades humanas venlle dos seus desvelos por auxiliar as vítimas da erupción do Vesuvio no ano 79, e a destrución das cidades de Pompeia e Herculano e cos damnificados do incendio que un ano despois sufriu a propia Roma. Morreu de forma prematura no ano 81.

Imperio Romano

Segue a:
Vespasiano
Tito (emperador)
(79-81)

Precede a:
Domiciano
Dinastía Flavia
O Amphitheatrum Flavium, coñecido como o Coloseo
Ficheiro:022 Titus.jpg
Denario de Tito
O Arco de Tito en Roma

Modelo:Link FA