Asemblea Nacional-Popular Galega: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
|definición = Organización suprapartidaria da [[Galiza]]
|definición = Organización suprapartidaria da [[Galiza]]
|cor = blue
|cor = blue
|logo = [[Ficheiro:ficheiro:ANPG.jpg|200px]]
|logo =[[Ficheiro:ficheiro:ANPG.jpg|200px]]
|publicación =
|publicación =
|parlamento =
|parlamento =

Revisión como estaba o 12 de xaneiro de 2013 ás 00:18

Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG)
Organización suprapartidaria da Galiza
Ficheiro:Ficheiro:ANPG.jpg
Dirixentes e organización
LíderLois Diéguez
Historia
Fundación1974
Disolución1982
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
socialismo
nacionalismo
comunismo
independentismo, anticolonialismo, democracia

A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en 1975.

Traxectoria

Os seus principios eran a autodeterminación, o autogoberno, o anticolonialismo, a democracia e o protagonismo das forzas políticas propias de Galiza e que tiña como obxectivo a formación dun goberno galego provisoiro tras conseguir o poder. Tiña como símbolo a bandeira galega coa estrela de cinco puntas e era a AN-PG quen convocaba as manifestacións do 25 de xullo. Celebrou o seu I Plenario en abril de 1976 que acabou coa escisión dun sector que consideraba á AN-PG excesivamente ligada á UPG, ese sector constituiu a Asemblea Popular Galega. No seu III plenario celebrado en outubro de 1977 aprobou os seus estatutos na que se definía como organización interclasista e apartidaria dirixida por unha secretaria colexida, na que Lois Diéguez exercía como portavoz. Logo das eleccións municipais 1979 a AN-PG sufriu unha restruturación para propiciar unha maior coordinación entre os seus concelleiros, creándose asembleas locais. En 1981 sufriu unha importante crise interna que marcou a celebración do V Plenario en marzo de 1982 e que levou á saída da organización de de dous membros da Dirección Nacional e un grupo de 50 militantes, finalmente neste último plenario da organización chamouse a unha reformulación do modelo organizativo. O periplo vital da AN-PG rematou en 1982, dando paso á formación do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

A AN-PG era contraria a elaboración dun estatuto de autonomía por considerar que Galicia era unha colonia que tiña que acadar a soberanía por medio dunhas bases constitucionais. A súa Frente Cultural constituiu unha das seccións máis activas da AN-PG, nela estaban xente como Darío Xohán Cabana, Manuel María, Emiliano Picouto ou Xesús Vázquez.

Bibliografía

  • Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Laiovento, 2003