Espirilo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 18: Liña 18:
* [[Coco (bacteria)]]
* [[Coco (bacteria)]]
* [[Vibrio]]
* [[Vibrio]]
* [[Espiroqueta]]





Revisión como estaba o 11 de xaneiro de 2013 ás 23:09

Esta páxina trata das bacterias con forma espiral. Para o xénero bacteriano ver Spirillum.
Espirilos.

Os espirilos son bacterias de forma espiral. É un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos cocos, bacilos e vibrios. Os espirilos son Proteobacterias, e poden encontrarse algunhas especies de espirilos en todos os grandes grupos proteobacterianos: Alfaproteobacterias, Betaproteobacterias, Gammaproteobacterias, e Deltaproteobacterias, Epsilonproteobacterias. Inicialmente os espirilos foron clasificados no xénero Spirillum, que foi un dos primeiros xéneros de procariotas que se crearon, xa no século XIX por Ehrenberg en 1832. Spirillum chegou a ter moitas especies, pero despois foron reclasificadas noutros xéneros, e hoxe nas listas da LPSN Spirillum só ten dúas especies.

A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde unha volta completa (ao que os fai parecerse aos vibrios) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás espiroquetas). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas. Os espirilos á parte da súa forma espiral e de que son Gram negativos e a maioría móbiles e flaxelados, teñen gran variedade de características metabólicas. Hainos patóxenos, simbiontes e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos.

Algúns espirilos son de gran lonxitude e é posible que os primeiros foran observados xa por Antoni van Leeuwenhoek. Algúns espirilos teñen características especiais, como o magnetotactismo de Magnetospirillum, o fototrofismo de Thiospirillum ou a fixación do nitróxeno de Azospirillum lipoferum. Os xéneros Campylobacter e Helicobacter son patóxenos do aparato dixestivo.

Son espirilos por exemplo os xéneros Spirillum, Aquaspirillum, Oceanospirillum, Magnetospirillum, Azospirillum, Herbaspirillum, Campylobacter, Helicobacter, Bdellovibrio (similar a un vibrio lixeiramente torsionado), Ancylobacter (que son como vibrios enrolados sobre si mesmos), Thiospirillum (bacteria vermella do xofre de gran tamaño).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos