Espirilo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:
A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde unha volta completa (ao que os fai parecerse aos [[vibrio]]s) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás [[espiroqueta]]s). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas. Os espirilos á parte da súa forma espiral e de que son [[Gram negativa|Gram negativos]] e a maioría móbiles e [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelados]], teñen gran variedade de características metabólicas. Hainos [[patóxeno]]s, [[simbiose|simbiontes]] e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos.
A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde unha volta completa (ao que os fai parecerse aos [[vibrio]]s) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás [[espiroqueta]]s). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas. Os espirilos á parte da súa forma espiral e de que son [[Gram negativa|Gram negativos]] e a maioría móbiles e [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxelados]], teñen gran variedade de características metabólicas. Hainos [[patóxeno]]s, [[simbiose|simbiontes]] e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos.


Algúns espirilos son de gran lonxitude e é posible que os primeiros foran observados xa por [[Antoni van Leeuwenhoek]]. Algúns espirilos teñen características especiais, como o [[magnetotactismo]] de ''Magnetospirillum''. Os xéneros ''Campylobacter'' e ''Helicobacter'' son patóxenos do aparato dixestivo.
Algúns espirilos son de gran lonxitude e é posible que os primeiros foran observados xa por [[Antoni van Leeuwenhoek]]. Algúns espirilos teñen características especiais, como o [[magnetotactismo]] de ''Magnetospirillum'', o fototrofismo de ''Thiospirillum'' ou a fixación do nitróxeno de ''Azospirillum lipoferum''. Os xéneros ''Campylobacter'' e ''Helicobacter'' son patóxenos do aparato dixestivo.


Son espirilos por exemplo os xéneros ''[[Spirillum]]'', ''[[Aquaspirillum]]'', ''[[Oceanospirillum]]'', ''[[Magnetospirillum]]'', ''[[Azospirillum]]'', ''[[Herbaspirillum]]'', ''[[Campylobacter]]'', ''[[Helicobacter]]'', ''[[Bdellovibrio]]'' (similar a un vibrio), ''[[Ancylobacter]]'' (que son como vibrios enrolados sobre si mesmos), ''[[Thiospirillum]]'' (bacteria vermella do xofre de gran tamaño).
Son espirilos por exemplo os xéneros ''[[Spirillum]]'', ''[[Aquaspirillum]]'', ''[[Oceanospirillum]]'', ''[[Magnetospirillum]]'', ''[[Azospirillum]]'', ''[[Herbaspirillum]]'', ''[[Campylobacter]]'', ''[[Helicobacter]]'', ''[[Bdellovibrio]]'' (similar a un vibrio lixeiramente torsionado), ''[[Ancylobacter]]'' (que son como vibrios enrolados sobre si mesmos), ''[[Thiospirillum]]'' (bacteria vermella do xofre de gran tamaño).

Revisión como estaba o 11 de xaneiro de 2013 ás 23:04

Espirilos.

Os espirilos son bacterias de forma espiral. É un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos cocos, bacilos e vibrios. Os espirilos son Proteobacterias, e poden encontrarse algunhas especies de espirilos en todos os grandes grupos proteobacterianos: Alfaproteobacterias, Betaproteobacterias, Gammaproteobacterias, e Deltaproteobacterias, Epsilonproteobacterias. Inicialmente os espirilos foron clasificados no xénero Spirillum, que foi un dos primeiros xéneros de procariotas que se crearon, xa no século XIX por Ehrenberg en 1832. Spirillum chegou a ter moitas especies, pero despois foron reclasificadas noutros xéneros, e hoxe nas listas da LPSN Spirillum só ten dúas especies.

A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde unha volta completa (ao que os fai parecerse aos vibrios) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás espiroquetas). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas. Os espirilos á parte da súa forma espiral e de que son Gram negativos e a maioría móbiles e flaxelados, teñen gran variedade de características metabólicas. Hainos patóxenos, simbiontes e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos.

Algúns espirilos son de gran lonxitude e é posible que os primeiros foran observados xa por Antoni van Leeuwenhoek. Algúns espirilos teñen características especiais, como o magnetotactismo de Magnetospirillum, o fototrofismo de Thiospirillum ou a fixación do nitróxeno de Azospirillum lipoferum. Os xéneros Campylobacter e Helicobacter son patóxenos do aparato dixestivo.

Son espirilos por exemplo os xéneros Spirillum, Aquaspirillum, Oceanospirillum, Magnetospirillum, Azospirillum, Herbaspirillum, Campylobacter, Helicobacter, Bdellovibrio (similar a un vibrio lixeiramente torsionado), Ancylobacter (que son como vibrios enrolados sobre si mesmos), Thiospirillum (bacteria vermella do xofre de gran tamaño).