Radiación ultravioleta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio pl:Nadfiolet por pl:Ultrafiolet
VolkovBot (conversa | contribucións)
Liña 36: Liña 36:
[[bs:Ultraljubičasto zračenje]]
[[bs:Ultraljubičasto zračenje]]
[[ca:Ultraviolat]]
[[ca:Ultraviolat]]
[[ckb:تیشکی ژوور وەنەوشەیی]]
[[ckb:تیشکی سەروو وەنەوشەیی]]
[[cs:Ultrafialové záření]]
[[cs:Ultrafialové záření]]
[[cy:Uwchfioled]]
[[cy:Uwchfioled]]

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2013 ás 12:17

Imaxe ultravioleta da galaxia espiral xigante Messier 101 (M101)

A radiación ultravioleta (UV) é a radiación electromagnética con lonxitude de onda menor que a da luz visíbel e maior que a dos raios X. O nome significa máis alta que (alén do) violeta (do latín ultra), polo feito que o violeta é a cor visíbel coa lonxitude de onda máis curta.

A radiación ultravioleta, cuxas lonxitudes de onda van desde os 400 nm, ata os 15 nm, é emitida polo sol nas formas de UV-A e UV-B. A maior parte da radiación UV é absorbida pola atmosfera terrestre. A case totalidade (99%) dos raios ultravioletas que efectivamente chegan a superficie da Terra son do tipo UV-A.

O seu efecto bactericida fai que sexa utilizada en dispositivos co obxectivo de manter a asepsia de certos estabelecementos comerciais.

Outro uso é a aceleración da polimerización de certos compostos.

Luz negra

A luz ultravioleta tamén se chama "luz negra" e utilízase para obter efectos decorativos en certos ambientes. É obtida principalmente a través dunha lámpada fluorescente sen a protección do compoñente que a fai emitir luz visíbel.

Unha lámpada fluorescente común contén un gas inerte (mercurio) que, na pasaxe de electróns, emite radiación na lonxitude de onda do ultravioleta. Esta radiación liberada "bate" na beira da lámpada que está revestida internamente por fósforo. O fósforo excitado coa enerxía recibida reemite a enerxía en lonxitudes de onda visíbeis (branco).

A lámpada de luz negra non conta co revestimento de fósforo, deixando así pasar toda radiación ultravioleta. Un efecto fluorescente interesante pode ser obtido a partir da radiación ultravioleta en calquera superficie que sexa revestida con branqueador óptico (presente na maioría das marcas de xabón en po). Faise unha solución de xabón en po e auga, úsase esta "tinta" para escribir ou deseñar calquera cousa na súa roupa (de preferencia escura, para que o efecto sexa maior) e na presenza de radiación ultravioleta (nunha boate por exemplo) as marcas ficarán visíbeis.