Santiago o Maior: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
SassoBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio da:Jakob den Ældre por da:Jakob den ældre
Liña 77: Liña 77:
[[cs:Jakub Větší]]
[[cs:Jakub Větší]]
[[cy:Iago fab Sebedeus]]
[[cy:Iago fab Sebedeus]]
[[da:Jakob den Ældre]]
[[da:Jakob den ældre]]
[[de:Jakobus der Ältere]]
[[de:Jakobus der Ältere]]
[[el:Απόστολος Ιάκωβος]]
[[el:Απόστολος Ιάκωβος]]

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2013 ás 01:34

Modelo:Infobox Santo

O Apóstolo Santiago na catedral.
Catedral de Santiago de Compostela.

Xacobe (en arameo Yaqob bar Zibhdi, en hebreo עֲקֹב Yahăqōb ben Zebdi e en grego Iάκωβος Iàkovos) máis coñecido como Santiago o Maior (morto en 44) era fillo de Zebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista.

Vida

Santiago foi presentado a Xesús, segundo o Evanxeo de Xoán, por Xoán Bautista. Nos evanxeos sinópticos, aparece como un pescador no lago de Xenesaret ou lago Tiberíades. Procedía das vilas rurais depauperadas de Galilea, foco de rebelión contra Roma (levantamento de Xudas o Galileo, desafíos a autoridade de Poncio Pilatos...) e agardaba a restauración do Reino de Israel. No seu seguimento de Xesús arelaba ocupar un posto relevante, trala liberación dos romanos, o que provocou celos entre os apóstolos e a ensinaza de Xesús verbo de que o que queira ser o primeiro debe ser o servidor de todos (Mc 10, 42-45). Xesús repréndeo polo seu carácter violento cando pide que un lóstrego destrúa as vilas samaritanas (tradicionais inimigas dos xudeus) que se resistían á conversión. Alcúmao con retranca Bonaerges (fillo do trono) (Mc 13,17).

Xunto a Pedro e Xoán, aparece como amigo íntimo de Xesús en escenas como a resurrección da filla de Xairo (Mc 5, 37), a transfiguración (Mt. 17, 1-2) ou a anguria no monte das Oliveiras antes da paixón (Mt 26, 37). Cando Xesús é arrestado, foxe cos demais discípulos. Foi, segundo os Feitos dos Apóstolos, o primeiro de entre estes en ser martirizado.

A súa nai, Salomé, é unha das mulleres que, como María Magdalena, acompañan a Xesús na súa predicación itinerante, o que era algo insólito na sociedade patriarcal daquel tempo.

Aínda que non hai un só documento cristián que o mencione, crese que, trala morte de Xesús, Santiago partiu a evanxelizar a Península Ibérica. Estivo en Galicia, Guimarães (Portugal) e Póvoa de Varzim, tamén en Portugal. Segundo a tradición, o 2 de xaneiro do ano 40, a Virxe María aparecéuselle en Caesaraugusta (actual Zaragoza), sobre un piar (hoxe venerado na basílica de Nosa Señora do Pilar). A tradición da Virxe da Barca, en Muxía é similar: a nai de Xesús, aparéceselle nunha nave de pedra sobre o Océano e confórtao e anímao a seguir predicando entre os galaicos.

Santiago volveu a Palestina, onde foi decapitado por Herodes Agripa entre os anos 43 e 44. Segundo Eusebio de Cesarea o seu delator, ao ver a serenidade e entereza con que se resistiu a renegar de Cristo, converteuse e acompañouno no martirio. (His. Ecl., II IX, 2 ss.).

Os seus restos

Furna de prata onde repousan os restos de Santiago o Maior, na Catedral de Santiago de Compostela.

Segundo a tradición popular, os restos de Santiago foron trasladados dende Palestina ata Galicia de forma milagrosa: uns anxos colléronos e depositáronos nunha barca de pedra que chegou soa ata Iria Flavia, na desembocadura do río Ulla, e amarrada nun Pedrón (de aí Padrón). Dende alí, disque foron levados ata o monte Libredón (actual Santiago de Compostela) atravesando os hostís dominios da raiña Lupa. Repousan na actualidade no interior da Catedral.

Isto, aínda que supuxo a aparición do Camiño de Santiago, nunca chegou a ser confirmado. San Xerome de Estridón, no século IV, a denominada Carta do Papa León do século VI, o Breviarum apostolorum de principios do VII, o eclesiástico británico Adelmo, no mesmo século, e Isidoro de Sevilla en De ortu et obitu Patrum, falan da predicación de Santiago en Hispania. Trala invasión árabe, no reino astur-galaico mantense a tradición (himno Oh Dei Verbum de Mauregato (783-788). No século VII, fúndase polo bispo Odoario de Lugo a igrexa de Santiago de Meilán. No Beato de Liébana píntase un magnífico mapa mundi coa cabeza de Santiago sobre Gallaecia. Finalmente, o bispo de Iria Flavia, Teodomiro e o rei astur-galaico Afonso II sobre o ano 813 confirmarán que o ermitán Paio e os fegreses de San Fiz de Solovio reencontraron o sartego apostólico.

O seu sartego estaba próximo a un castro onde na época romana, se construíu un mausoleo en dous niveis cuxo piso inferior é unha cámara sepulcral dos séculos I e II onde repousaban tres cadavres, un de cuxos sepulcros é máis relevante que os outros dous. O profesor Isidoro Millán González-Pardo descifrou unha inscrición en grego con caracteres semíticos na que di ler: Athanasius martir. Isto coincide coa tradición de que, onda a Santiago, foron sepultados os seus discípulos, tamén mártires: Atanasio e Teodoro.

En Xerusalén a Igrexa Apostólica Armenia edificou a catedral de Santiago no lugar onde se di que foi decapitado e depositada a súa cabeza.

Difusión

Moeda coa traslación do Apóstolo.
Sinais do camiño de Santiago.

Foi patrón dos reinos cristiáns hipánicos, e venerado en toda Europa así como en multitude de santuarios de Canarias e América, onde deu nome a numerosas e importantes vilas e cidades fundadas polos españois (Santiago de Tunte, Santiago de Galdar, Santiago de Cuba, Santiago de Chile, Santiago de Guayaquil, Santiago de Quito, Santiago de Querétaro, Santiago del Estero, Santiago de León de Caracas, Santiago Tlatelolco, Santiago de Compostela, Nayarit....)

Chegou a ser símbolo guerreiro da loita contra o Islám ( Santiago Matamouros ) dende o rei astur-galaico Ramiro I (tradición da Batalla de Clavijo). Hoxe é Patrón de España.

Como a súa festividade é o día grande de Galicia, o nacionalismo galego escolleuno como o día de Galicia ou Día da Patria Galega.[Cómpre referencia] A Xunta de Galicia preautononómica decretou o 25 de xullo Día Nacional de Galicia, algo que pervive nos sucesivos calendarios laborais aprobados polo executivo autonómico.

En 1122, o Papa Calisto II estableceu o ano santo xubilar xacobeo, confirmado coa Bula Regis Aeterni de Alexandre III promulgada en 1179, cando o día de Santiago cae en Domingo. Isto consagro o santuario de Santiago como un dos tres grandes destinos de peregrinación da cristiandade.

O nome de Santiago en latín era Iacobus, unha derivación a través do grego do nome hebreo do patriarca Xacob. É a forma do primeiro romance occidental que daría lugar ao galego e que, debido á súa relevancia relixiosa e política, sería adoptado en todas as linguas romances hispanas. Deste xurdirían os nomes Iago, Xacobe e Xaime, o inglés James e o francés Jacques; e de Sant Iacobus virían Santiago e o portugués Tiago.

Galería de imaxes