Illa Palmerston: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.3) (Bot: Engado: sr:Palmerston
Synthebot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Elimino: sr:Palmerston
Liña 60: Liña 60:
[[pl:Palmerston]]
[[pl:Palmerston]]
[[ru:Палмерстон (атолл)]]
[[ru:Палмерстон (атолл)]]
[[sr:Palmerston]]
[[sv:Palmerton]]
[[sv:Palmerton]]

Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2013 ás 22:39

Palmerston
Vista aerea de Palmerston
Datos
País Illas Cook
Illa principal Palmerston island
Linguas
Poboación (2001) 48 hab.
Superficie 2´1 km²
Superficie lagoa 37 km²
Nº de illas >30
Coordenadas 18°4′S 163°10′O / -18.067, -163.167
Maior Altura 6 m.
Localización
Localización do atol

A illa Palmerston é o nome dun atol de coral nas Illas Cook, no Océano Pacífico, a 500 km ao noroeste de Rarotonga. Aínda que se considera do grupo norte das Cook, está situado no medio dos dous grupos. As súas coordenadas son: 18º 4' S 163º 10' O.

O atol consta de seis illas de area: Palmerston ou Home Island, North Island, Leicester, Primrose, Tom's e Cook's. A altitude máxima é un cerro de area de 6 m denominado A Montaña (The Mountain). A superficie total é de 2,1 km².

Palmerston foi descuberto, en 1774, polo inglés James Cook que o denominou en honra do Primeiro Lord do Almirantazgo, Lord Palmerston. O atol estaba deshabitado, pero se atoparon algunhas tumbas e ferramentas pre-europeas. Era coñecido polas illas veciñas co nome de Avarau que significa «duascentas canles» en referencia ás canles que atravesan o escollo desde o océano á lagoa, aínda que poucos deles son navegables.

O 1862 estableceuse o carpinteiro William Masters e as súas tres esposas maorís de Manuae. Hoxe a maioría da poboación trae o apelido Masters ou Marsters, que se estendeu por emigración a Rarotonga e Nova Celandia. Como ocorreu con Pitcairn, os descendentes son mestizos británicos e polinesios que teñen como primeira lingua o inglés, neste caso con acento de Gloucester de onde era orixinario William Masters.

Ao censo do 2001 a poboación total era de 48 habitantes. Todos viven na illa Palmerston que está dividida en tres zonas, unha por cada esposa de William Masters e os seus descendentes. Actualmente, o gobernador do atol é un descendente de Masters.