Mikhail Gorbachev: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: pnb:میخائل گورباچوف
JaviP96 (conversa | contribucións)
engado o modelo:Persoa do ano segundo a revista Time
Liña 50: Liña 50:


{{Premio Nobel da Paz}}
{{Premio Nobel da Paz}}
{{Persoa do ano segundo a revista Time}}
{{ORDENAR:Gorbachov, Mikhail}}
{{ORDENAR:Gorbachov, Mikhail}}
[[Categoría:Políticos comunistas]]
[[Categoría:Políticos comunistas]]

Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2013 ás 22:36

Mikhail Gorbachev
Datos persoais
Nacemento2 de marzo de 1931
 Privol'noe
Falecemento30 de agosto de 2022
 Central Clinical Hospital e Moscova
OrganizaciónPartido Comunista da Unión Soviética, Parido Socialdemócrata de Rusia
PaiSergey Gorbachev
NaiMaria Gorbacheva
CónxuxeRaíssa Gorbachova
FillosIrina Virganskaya
Alma máterMoscow State University, Faculty of Law, Stavropol State Agrarian University e Universidade Estatal de Moscova
ProfesiónPolítico, avogado e escritor
Relixiónateísmo
Na rede
http://www.gorby.ru
IMDB: nm0329784 Allocine: 37163 Allmovie: p208691
Twitter: mgorbachev Musicbrainz: 4cf28e5c-a148-42d3-802f-d0f6f4033086 WikiTree: Gorbachev-2 Find a Grave: 243112837 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mikhail Serguéievich (Sergeevič) Gorbachev, en ruso Михаи́л Серге́евич Горбачёв , nado en Privol'noe o 2 de marzo de 1931, é un político soviético que foi o Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) dede 1985 ata 1989 e Presidente Executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas de 1989 a 1991.

Traxectoria

Naceu o 2 de marzo de 1931 (outras fontes afirman que naceu en 1935) en Privol'noe, Rusia, no seo dunha familia campesiña. En 1952 ingresou ao Partido Comunista e tres anos despois contraeu matrimonio con Raisa Maxímovna Titorenko, con quen tería unha filla, Irina. Ese mesmo ano obtivo o título de avogado na Universidade de Moscova. En 1978 foi elixido Secretario de Agricultura no Comité Central do Partido Comunista e dous anos despois converteuse no membro máis novo do Politburó.

Trala inesperada morte de Konstantín Chernenko, en abril de 1985, Gorbachev foi elixido Secretario Xeral do Partido Comunista da URSS e polo tanto, o gobernante de facto da Unión Soviética. Trala reorganización do partido e do sistema electoral, foi elixido xefe de Estado (1989) e primeiro Presidente da URSS polo Congreso (1990). As súas reformas estruturais á vida política e económica da URSS, coñecidas polos seus nomes rusos

Glásnost e Perestroika, minaron o monopolio exercido polo comunismo nos países do leste e puxeron fin á Guerra Fría.

En marzo de 1991 convocouse a un referendo na Unión Soviética, o 78% da poboación dixo si ao mantemento da URSS. En agosto dese ano foi destituído por un grupo de altos cargos do PCUS e do Goberno que buscaban deixar sen efecto o Acordo de Belovezhie, que disolvía de facto a URSS ao separarse Ucraína, Rusia e Bielorrusia. Foi retido durante tres días na súa residencia de verán en Forós (Crimea), pero puido reasumir as súas funcións tralo fracaso do golpe de Estado. Modificou a lexislación que permitía o monopolio político exclusivo do PCUS e decretou a nulidade da anexión das Repúblicas bálticas, dando deste modo vía libre para a súa independencia.

Gorbachev e Ronald Reagan

Debilitado polos ataques do presidente da Federación rusa, Boris Yeltsin e tras un van intento de que as Repúblicas restantes asinasen o Tratado da Unión, decidiu renunciar como Secretario Xeral do Partido Comunista e disolver o Comité Central. O Nadal dese mesmo ano disolveu oficialmente a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas e renunciou como Presidente Executivo trala negativa dos presidentes das Repúblicas da Comunidade de Estados Independentes (CEI) a recoñecer os órganos do poder central.

Mikhail Gorbachev recibiu o Premio Nobel da Paz en 1990, pola súa contribución á distensión mundial.

Dende 1992 Mikhail Gorbachev dirixe a fundación que leva o seu nome e que ten filiais en EE.UU., Suíza, Rusia, Italia, etc., participou esporadicamente nalgunhas eleccións rusas, obtendo pobres resultados, e na actualidade é o presidente do Partido Socialdemócrata de Rusia.

Obras selectas

  • Perestroika, 1988.
  • The August Coup: The Truth and the Lessons, 1991.
  • Memorias, 1996.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Link FA