Nova Escola Galega: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "Mariló_Candedo-Praza_Pública-2012.jpg" que foi borrado en Commons por INeverCry. Motivo: missing source as of 24 October 2012
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17: Liña 17:


[[Categoría:Asociacións de Galicia]]
[[Categoría:Asociacións de Galicia]]
[[Categoría:Sociolingüística]]
[[Categoría:Entidades de promoción do galego]]
[[Categoría:Pedrón de Ouro]]
[[Categoría:Pedrón de Ouro]]

Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2013 ás 15:37

Nova Escola Galega é un movemento asociativo de base que ten como finalidade impulsar o traballo de renovación pedagóxica e de galeguización lingüística e curricular do sistema educativo de Galiza, por medio da agrupación e cooperación de todos aqueles ensinantes e persoas socias e colaboradoras que pretenden contribuír coa súa acción e reflexión á construción dun sistema educativo galego, público e democrático. Foi fundado o 11 de xuño de 1983 en Santiago de Compostela,

Actividades

Nova Escola Galega ten varios campos de acción:

  • Colaboración ou creación de exposicións, congresos, xornadas e escolas de verán.
  • Publicacións sobre sociolingüística e materiais curriculares
  • Publicación trimestral da Revista Galega de Educación
  • Colaboración en varios encontros, como os coñecidos encontros galego-portugueses de ecucadoras e educadores para a paz, ou os recentes sobre medios de comunicación.
  • Existencia de grupos de traballo sobre diversos proxectos orientados a distintos niveis educativos (como o grupo Vieiros da escola, sección da publicación electrónica Vieiros).

Véxase tamén

Ligazóns externas