A Mesa pola Normalización Lingüística: Diferenzas entre revisións
engadida sentenza do xuizo |
|||
Liña 17: | Liña 17: | ||
A finais dos anos noventa [[SEAT]] sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en [[Barcelona]] onde se solicitaba o troco do nome por [[SEAT Arousa|Arousa]] A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome. |
A finais dos anos noventa [[SEAT]] sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en [[Barcelona]] onde se solicitaba o troco do nome por [[SEAT Arousa|Arousa]] A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome. |
||
Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o [[A Coruña|Concello da Coruña]] polo nome da cidade. O entón alcalde [[Paco Vázquez]] levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio [[Carlos Callón]] lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. A día de hoxe o asunto ten pechado a fronte xudicial aínda que Carlos Callón está denunciado por [[Antonio Fraga Mandián]], xuíz decano da [[A Coruña|Coruña]], por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar ''La Coruña''. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego. |
Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o [[A Coruña|Concello da Coruña]] polo nome da cidade. O entón alcalde [[Paco Vázquez]] levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio [[Carlos Callón]] lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. A día de hoxe o asunto ten pechado a fronte xudicial aínda que Carlos Callón está denunciado por [[Antonio Fraga Mandián]], xuíz decano da [[A Coruña|Coruña]], por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar ''La Coruña''. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego. En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/01/09/carlos-callon-aplaude-sentencia-favor-pide-exjuez-decano-coruna-cumpra-lei/0003_20130120130109132002158.htm Carlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia]</ref>. |
||
== Notas == |
== Notas == |
Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2013 ás 14:15
A Mesa pola Normalización Lingüística (MNLG) é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.
Traxectoria
Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua[1]. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.
A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é Carlos Callón e segundo datos da propia organización conta en 2008 con 3300 socios [2].
En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo[3].
Actividade
A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.
A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.
Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. A día de hoxe o asunto ten pechado a fronte xudicial aínda que Carlos Callón está denunciado por Antonio Fraga Mandián, xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego. En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias[4].
Notas
- ↑ Así reflectido na súa Carta fundacional.
- ↑ Longalingua 16 (maio de 2008), páx. 5
- ↑ A Mesa chora o falecemento do seu presidente de Honra, Avelino Pousa Antelo. A Mesa pola Normalización Lingüística
- ↑ Carlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia