Mbombela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
m Sernostri moveu a páxina "Nelspruit" a "Mbombela": Mudanza oficial do topónimo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2013 ás 18:30

Vista panorámica dende os outeiros de Nelspruit.

Mbombela[1] (oficialmente Nelspruit ata 2009) é unha cidade de 221.474 habitantes (2000) situada no nordeste de Sudáfrica. É a capital da Provincia de Mpumalanga (antigamente Transvaal oriental). Situada sobre o Río Crocodilo (chamada Krokodil en africáner), Nelspruit atópase a uns 100 quilómetros (60 millas) ao oeste do límite Mozambique e a 330 quilómetros (205 millas) ao leste de Johannesburgo. A cidade máis próxima é KaNyamazane, uns poucos quilómetros ao leste de Nelspruit.

Datos

Nelspruit foi fundada en 1905 por tres irmáns da familia Nel que pastaban ao seu gañado ao redor do sitio de Nelspruit durante os meses de inverno. É o centro manufactureiro e agrícola do nordés de Sudáfrica . As industrias principais inclúen o enlatado de cítricos, produción de papel, fabricación de mobiliario e madeireira. Os seus fértiles chans e clima subtropical proporcionan condicións perfectas para o crecemento de froitas cítricas e tropicais, principalmente mango, plátano, palta ou aguacate e tamén moitas variedades de noces. Hai moitas granxas de laranxa na área ao redor de Nelspruit.

A cidade ten un aeroporto, o Aeroporto Internacional Kruger Mpumalanga, que é usado principalmente para voos de e a Johannesburgo, pero que tamén ten voos frecuentes a Cidade do Cabo e outras cidades. É tamén de sede do Instituto de Investigación do Goberno para Froitas Cítricas e Subtropicales, e os Xardíns Botánicos Lowveld. Nelspruit é unha escala importante para os turistas que se dirixen ao Parque Nacional Kruger e a Mozambique. O turismo de Mozambique tamén estimula considerablemente a economía da cidade . Durante a Guerra dos Bóers, Nelspruit serviu brevemente como sede de goberno da República de Sudáfrica, un estado Afrikaner independente. Nelspruit planeou un novo estadio de fútbol para a Copa Mundial de Fútbol de 2010. O seu nome é o Estadio Mbombela e terá unha capacidade de 40.000. En Nelspruit atópase o casino Emnotweni situado no camiño a Whiteriver.

Nota

Véxase tamén

Ligazóns externas