Galvanómetro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: pms:Galvanòmeter
SassoBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio ur:Galvanometer por ur:گلون پیما
Liña 64: Liña 64:
[[tr:Galvanometre]]
[[tr:Galvanometre]]
[[uk:Гальванометр]]
[[uk:Гальванометр]]
[[ur:Galvanometer]]
[[ur:گلون پیما]]
[[vi:Gavanô kế]]
[[vi:Gavanô kế]]
[[zh:检流计]]
[[zh:检流计]]

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2013 ás 17:48

Fíos de entrada
de corrente
a medir
Resorte
de retroceso

Un galvanómetro é un instrumento usado para indicar o paso de corrente eléctrica por un circuíto e para a medida precisa da súa intensidade.

Adoitan estar baseados nos efectos magnéticos ou térmicos causados polo paso da corrente.

No caso dos magnéticos poden ser de imán móbil ou de cadro móbil.

Nun galvanómetro de imán móbil a agulla indicadora está asociada a un imán que se atopa situado no interior dunha bobina pola que circula a corrente que tratamos de medir e que crea un campo magnético que, dependendo do sentido da mesma, produce unha atracción ou repulsión do imán proporcional á intensidade de dita corrente.

No galvanómetro de cadro móbil o efecto é similar, diferindo unicamente en que neste caso a agulla indicadora está asociada a unha pequena bobina, pola que circula a corrente a medir e que se atopa no seo do campo magnético producido por un imán fixo.

No diagrama da dereita está representado un galvanómetro de cadro móbil, no que en vermello se aprecia a bobina ou cadro móbil e en verde o resorte que fai que a agulla indicadora volva á posición de repouso unha vez que cesa o paso de corrente.

No caso dos galvanómetros térmicos, o que se pon de manifesto é o alargamento producido, ao quentarse polo Efecto Joule ao paso da corrente, un fío moi fino enrolado a un cilindro solidario coa agulla indicadora. Loxicamente o maior ou menor alargamento é proporcional á intensidade da corrente.