Botulismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
SassoBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: lij:Botulismo
Liña 72: Liña 72:
[[ko:보툴리누스 중독]]
[[ko:보툴리누스 중독]]
[[ky:Ботулизм]]
[[ky:Ботулизм]]
[[lij:Botulismo]]
[[nl:Botulisme]]
[[nl:Botulisme]]
[[no:Botulisme]]
[[no:Botulisme]]

Revisión como estaba o 7 de xaneiro de 2013 ás 13:15

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Rapaz de 14 anos con botulismo, con ptose palpebral evidente

O botulismo ou alantíase é unha grave intoxicación alimentaria producida pola presenza nos alimentos da toxina botúlica, unha neurotoxina segregada polo Clostridium botulinum. Caracterízase por vómitos, dor abdominal e, sobre todo, por diversos síntomas nerviosos.

Etioloxía e epidemioloxía

O clostridio é unha bacteria anaerobia, presente habitualmente no chan e no contido intestinal dos animais domésticos e do home. Existe a posibilidade de infección a través de feridas abertas pero a forma máis habitual é por consumo de alimentos contaminados polas esporas da bacteria [1], en orixe ou por manipulación pouco hixiénica, especialmente cando se someten a sistemas de conservación ó baleiro (é dicir, en condicións de anaerobiose) que non garanten un tratamento térmico e un grao de acidez suficientes para inhibi-lo desenvolvemento da bacteria.

O nome da enfermidade alude precisamente á súa orixe alimentaria: no latín, botulus significa embutido, salchicha, por ser frecuente que a enfermidade fora causada por inxestión destes produtos.

Entre os alimentos máis perigosos como posibles causantes do botulismo están as conservas caseiras, especialmente as de orixe vexetal, embutidos e peixes afumados ou salgados. Canto ás conservas de alimentos, cómpre advertir que o perigo está en que na elaboración doméstica non se conseguen as temperaturas e a acidez (pH menor de 4,5) que impiden a esporulación da bacteria e a formación de toxina, parámetros que se alcanzan suficientemente na industria, dotada de sistemas de esterilización seguros.

Cadro clínico

Modelo en 3D da neurotoxina botúlica tipo A

Existen tres formas de botulismo: Botulismo transmitido polos alimentos Botulismo infantil Botulismo a través de feridas

O período de incubación escila entre as 12 e as 36 horas, con límites entre as 2 horas e os 6 días. Os síntomas consisten en cólicos abdominais, vómitos ou náuseas, ós que segue un cadro clínico cunha sintomatoloxía nerviosa característica: dificultade respiratoria e da deglución, dificultade para vocalizar, visión dobre ou borrosa, ptose palpebral [2] e parálise progresiva bilateral.

O diagnóstico faise por illamento da toxina no soro sanguíneo, feces ou contido intestinal do enfermo; por illamento da toxina nos alimentos implicados; ou por incubación da bacteria en mostras de feces ou intestinais.

O tratamento consiste na administración da antitoxina botúlica, completada con respiración asistida e alimentación por vía venosa. A intoxicación pode ser mortal e o prognóstico depende da precocidade do diagnóstico e da implantación do tratamento específico. Pode presentar disfuncións nerviosas que se prolongan ata un ano despois.

O botulismo en Galicia

O botulismo é unha das enfermidades de declaración obrigatoria, o que permite coñece-la prevalencia da enfermidade.

En Galicia producíronse 9 casos desde o ano 1990, en dous abrochos separados. O primeiro foi en 1998, con tres enfermos dunha familia de Vedra (A Coruña) por consumo de xamóns e chourizos caseiros, e o segundo en 2005, con seis enfermos, en Pontevedra e na Coruña, por consumo de chacina fabricada por unha industria leonesa.

Notas

  1. As esporas son formas de resistencia microbiana. Aparecen cando as condicións non permiten o crecemento, mantendo unha forma de vida latente ata que as circunstancias sexan favorables e poidan crecer e reproducirse normalmente.
  2. Ptose palpebral é a caída das pálpebras por parálise.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • REAL ACADEMIA DE MEDICINA E CIRURXÍA DE GALICIA: Diccionario galego de termos médicos. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Santiago de Compostela 2002.

Ligazóns externas

Modelo:Link FA