Coca (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m →‎Bibliografía: Arreglo menor
Liña 56: Liña 56:
|edición = [[Concello de Betanzos]]
|edición = [[Concello de Betanzos]]
|ano = [[1992]]
|ano = [[1992]]
}}



{{Mitoloxía galega}}
{{Mitoloxía galega}}

Revisión como estaba o 2 de xaneiro de 2013 ás 17:41

A Tarasca de Santa Marta, procesión do Corpus Christi en Valencia.

A coca ou tarasca é un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. É un animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, e do lombo nácenlle dúas enormes ás, semellantes ás dos morcegos. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa faciana aluman uns ollos terribles, sobre unha enorme boca con agudos dentes.

Etimoloxía

A primeira referencia documentada do termo coca é a de coquetriz atopada nun texto galego de Ourense datado en 1437. O texto dicía que a coquetriz era un dragón que levaban os zapateiros na procesión do Corpus. Deste documento asúmese que o nome deriva da palabra latina cocatrix, é dicir crocodilo. Noutro documento posterior tamén atopado en Ourense, de mediados do século XV (1441), xa se usan uns nomes moi semellantes ó actual, coqa e qoqa.[1]

O termo tarasca ven de Tarasque, en relación co topónimo da localidade de Tarascón, no departamento de Bocas de Ródano, Francia. Este nome ten a súa orixe nunha lenda sobre Santa Marta.

Lendas

A Coca de Redondela

A tradición di que se presentou un día en Redondela. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto.

Pénsase que aí ten a súa orixe a danza das espadas e o baile das penlas, cos que anualmente se celebra a morte da coca. Tamén se teñen datos de outras cocas en Galicia: en Verín, en Baiona (que era de Sabarís), en Betanzos (chamada Camelo), A Coruña (chamada Tarea), Ourense (Coquetriz), Pontevedra (que a mataron uns mariñeiros dunha pequena nao), Ribadavia (Becha), Compostela e Tui. [2]

A tarasca

A tarasca de Tarascón levada cunha cinta por unha peqena Santa Marta.

Segundo conta a lenda, esta criatura vivía en Tarascón, Provenza, e destruía todo ó seu paso. Era unha especie de dragón con seis patas parecidas ás dun oso, un torso parecido ó dun boi cunha cunha de sapoconcho no seu lombo e unha cola cuberta de escamas que terminaba no aguillón dun escorpión. A súa cabeza era coma a dun león con orellas de cabalo.[3]

Santa Marta e o dragón, atribuído a André Abellon, pintor dominico. Igrexa de María Magdalena en Saint-Maximin-la-Sainte-Baume, Var (Francia).

O Rei de Tarascón mandara atacar sen éxito á tarasca con tódolos seus soldados, pero Santa Marta encantou á besta coas súas pregarias, e volveu á cidade coa besta domada. Os habitantes aterrorizados atacaron á criatura ó caer a noite, que morreu alí mesmo sen ofrecer resistencia. Entón Santa Marta predicou un sermón á xente e convirteu a moitos deles ó cristianismo. Arrepentidos de dar morte ó domado monstro, os habitantes cambiaron o nome do pobo a Tarascón.

Desde o 25 de novembro de 2005, as festas da tarasca en Tarascón foron proclamadas pola UNESCO como parte do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade e foron inscritas no 2008 dentro do apartado Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia.[4]

Notas

  1. Concello de Redondela (ed.). "Festa da Coca ´2012". Consultado o 8 de agosto de 2012. 
  2. Xoán Ramiro CUBA, Xosé MIRANDA e Antonio REIGOSA (1999). Diccionario dos seres míticos galegos (Edicións Xerais de Galicia ed.). Vigo. p. 84-85. ISBN ISBN 84-8302-363-6 |isbn= incorrecto: invalid character (Axuda). 
  3. Légende dorée, Sainte Marthe, traduction Roze, tome 2, 1902 (en francés)
  4. Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia (en castelán), (en francés), (en inglés) e (en árabe)

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía