Unión Deportiva Las Palmas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Synthebot (conversa | contribucións)
Liña 160: Liña 160:
[[ca:Unión Deportiva Las Palmas]]
[[ca:Unión Deportiva Las Palmas]]
[[de:UD Las Palmas]]
[[de:UD Las Palmas]]
[[el:Ούνιον Ντεπορτίβα Λας Πάλμας]]
[[diq:UD Las Palmas]]
[[en:UD Las Palmas]]
[[en:UD Las Palmas]]
[[es:Unión Deportiva Las Palmas]]
[[es:Unión Deportiva Las Palmas]]

Revisión como estaba o 1 de xaneiro de 2013 ás 14:34

Las Palmas
NomeUnión Deportiva Las Palmas, S.A.D.
Fundación22 de agosto de 1949 (74 anos)
EstadioGran Canaria,
As Palmas, España
Inauguración2003
Capacidade31.250
PresidenteEspaña Miguel Ángel Ramírez
AdestradorEspaña Sergio Lobera
LigaSegunda División
2011–12
VestimentaHummel
PatrocinadorGran Canaria
Na rede
http://www.udlaspalmas.es/
Facebook: udlaspalmasoficial Twitter: UDLP_Oficial Instagram: udlaspalmasoficial Youtube: UCVmpXogwdZ48VRUIR56fNgQ Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

A Unión Deportiva Las Palmas é un club de fútbol español da cidade das Palmas de Gran Canaria, na illa de Gran Canaria, que xoga actualmente na Segunda división española. Estivo 31 tempadas en Primeira División e ostenta a 19ª posición na Clasificación histórica da Primeira División.

O club conta con 11.364 socios[1] e ten 38 peñas oficiais.[2]

A Unión Deportiva Las Palmas fundouse o 22 de agosto de 1949 ó fusionarse 5 equipos locais: o Club Deportivo Gran Canaria, o Atlético Club, o Real Club Victoria, o Arenas Club e o Marino F.C.

Himno

O club tivo dous himnos oficiais, sendo o segundo o que máis éxito popular obtivo. O primeiro foi composto por José Trunchado e levaba por título "Arriba de ellos". Gonzalo Monasterio (letra) e Peón Real (música) crearon o actual himno da Unión Deportiva Las Palmas, himno que desde un primeiro momento foi ben acollido pola afección amarela. Este himno gañou en Barcelona o terceiro posto no Festival da Canción Deportiva.[3]

Escudo

O escudo ten como base un fondo de zafiro, no centro o escudo da cidade orlado cos escudos dos cinco equipos fundadores. Entre a coroa e o escudo da cidade unha cinta amarela que leva o nome da entidade, a cidade e o arquipélago ao que representa. Entre a orla dos escudos dos cinco clubs fundadores e o escudo da cidade atópase nunha cinta branca o lema "segura ten a palma".

A Unión Deportiva Las Palmas posúe no seu escudo unha coroa e con todo, non é "real", isto débese a que a coroa foi herdada do Real Club Victoria, club fundador.

Uniforme

O uniforme da Unión Deportiva Las Palmas, quedou establecido desde o inicio da historia do club, coas cores representativas da illa de Gran Canaria, o amarelo e o azul, que fan alusión á "area loura das praias e ao azul ao océano Atlántico".

  • Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón azul, medias azuis con ribetes amarelos.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón branco e medias vermellas e negras, en homenaxe ao centenario do club fundador Arenas CF.
  • Terceiro uniforme: Camiseta cor azul con detalles amarelos, pantalón azul e medias azuis e amarelas.

Instalacións

Estadio

Artigo principal: Estadio de Gran Canaria.
España - Irlanda do Norte, Estadio de Gran Canaria, 21 de novembro de 2007.

As Palmas xoga todos os seus partidos oficiais no Estadio de Gran Canaria desde a tempada 2003/04. É o sucesor do Estadio Insular, onde xogou os seus partidos o equipo ata a tempada anterior.

Este campo de xogo, situado no barrio de Siete Palmas, ten unha capacidade de 32.665 espectadores, conta con pistas de atletismo e foi inaugurado o 8 de maio de 2003 cun partido que enfrontou á Unión Deportiva Las Palmas co RSC Anderlecht de Bélxica. O encontro terminou co resultado de 2-1 favorable aos amarelos, con goles de Rubén Castro e Alain Nkong.

Outras instalacións

As instalacións de Barranco Seco son o lugar habitual de adestramento do primeiro persoal. É un complexo provisto con dous terreos de xogo, un de céspede natural e outro de terra.

Datos do club

  • Tempadas en : 31
  • Tempadas en : 25
  • Tempadas en 2ªB: 6
  • Tempadas en : 0
  • Partidos en  : 1020.
  • Puntos en  : 937.
  • Vitorias en  : 345.
  • Empates en  : 225.
  • Derrotas en  : 450.

Xogadores

Cadro 2011/12

  • Actualizado a 16 de setembro de 2011.
Posto País Xogador
1 POR Barbosa
2 DEF Francia Pignol
3 DEF España Ruymán
4 MED España Vicente
5 DEF España David García (Capitán)
6 DEF Diego Herner
7 MED España Vitolo
8 MED España Sergio Suárez
9 DIA Mauro Quiroga
10 MED España David González
11 MED España Pedro Vega (Capitán)
12 DEF España Aythami
14 DIA España Javi Guerrero (Capitán)
Posto País Xogador
15 DIA España Portillo
16 MED Modelo:VNZb Juan Guerra
17 MED España Francis Suárez
18 MED España Javi Castellano
19 DEF España Juanpe
20 DIA Modelo:GEQb Randy
21 DIA España Jonathan Viera
22 DEF España Corrales
23 MED España Dani Castellano
25 DEF España Laguardia
27 MED España Hernán
29 POR España Alejandro
30 POR España Raúl Lizoain

* Os xogadores con dorsais superiores a 25 teñen ficha do filial, Las Palmas Atlético

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos amistosos

Filiais

Las Palmas Atlético

Artigo principal: Las Palmas Atlético.

Fundado en 1977. Tras o logro conseguido na tempada 2007-08 ascendendo á Segunda B, na temporada 2008-09 descendeu a Terceira División, onde xoga actualmente.

Ata 2010 existiu tamén un segundo filial, o Las Palmas C.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas