Zico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ar:زيكو
Chlewbot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: bs:Zico
Liña 192: Liña 192:
[[az:Ziko]]
[[az:Ziko]]
[[bg:Зико]]
[[bg:Зико]]
[[bs:Zico]]
[[de:Zico]]
[[de:Zico]]
[[en:Zico]]
[[en:Zico]]

Revisión como estaba o 30 de decembro de 2006 ás 20:58

Modelo:InfFut Arthur Antunes Coimbra, alcumado Zico, nado o 3 de marzo de 1953 en Rio de Janeiro é un ex-futbolista e adestrador brasileiro que se deu a coñecer mundialmente a partires da conquista da Copa Libertadores da América de Fútbol e da Copa Intercontinental de Fútbol co equipo carioca do Flamengo, nas súas participacións coa selección brasileira nas Copas do Mundo de 1982 e 1986. Arestora é o adestrador do equipo do Fenerbahçe en Turquía.



Biografia

É considerado por moitos, en especial polos afeccioados do Flamengo, o mellor xogador brasileiro despois de Pelé e Garrincha, e o mellor xogador da historia do clube, onde estivo a maior parte de sua carreira, entre 1967 e 1989, cun lapso entre 1983 e 1985 período no que xogou na Italia, para o Udinese.

No Flamengo, conquistou catro títulos nacionais, en 1980, 1982, 1983 e 1987, a Copa Libertadores da América e a Intercontinental, en 1981, entre diversos outros títulos.

Mide 1,72 cm, e pesa 72 kg.

O comezo da súa carreira

Zico xogaba nun pequeno equipo de amigos, o Juventude de Quintino, do barrio de Quintino Bocaiúva, na zona norte de Rio de Janeiro, mais o seu primeiro clube de fútbol foi o River Futebol Clube, tradicional clube da Piedade, tendo como mestre a Joaquim Pedro da Luz Filho, Seu Quinzinho. No River, con Seu "Quinzinho", o seu xogo chamou a atención. Foi para o Flamengo aos catorce anos de idade, cando en 1967 o locutor Celso Garcia, amigo da familia, asistiu un encontro de Zico nun torneo no River Futebol Clube, onde xogaba coa camisa do Santos, e o levou para a escolinha de futebol do clube. Zico estreouse no primeiro equipo en 1971, nun encontro contra o Vasco da Gama, rematando 2 a 1 para o equipo rubro-negro. Zico fica xa coma titular en 1974, despois de pasar por unha intensa preparación física. Debido ao seu feble corpo de inicio de carreira e ó seu barrio de orixe (Quintino) gañou o cariñoso alcume de "Galinho de Quintino".

Selección Brasileira

Xogou coa selección brasileira de 1976 a 1986, marcando 66 goel en 89 encontros e perdendo un único partido no tempo normal de jogo, contra a Italia, no estadio do Sarriá, no Mundial de España, en 1982. Participou tamén nas Copas do Mundo de 1978 e 1986. O seu debút na selección foi nunha xira no que o Brasil se enfrentou a varios paises sudamericanos. Fixo fermosos goles de falta e asumiu o rol de maior esperanza do Brasil despois do remate da carreira de Pelé. A súa participación na Copa de 1978 foi curta, xa que na primeira fase sufriu unha grave contusión muscular. A súa consagración foi na Copa de 1982, maus acabou vendo frustada a súa vontade de gaña-lo mundial, cando o Brasil foi eliminado pola Italia.

Na sua última oportunidade de ser campeón dun mundial coma xogador, en 1986, Zico acabou sendo responsabilizado pola eliminación do seu equipo diante da Francia nos cuartos de final. No seu segundo partido na Copa, Zico fixo un lanzamento preciso e milimétrico para o xogador Branco, que foi derrubado dentro da área. O árbitro asubiou penalti. Zico, o lanzador oficial da selección, erra, rematando o encontro en empate a un. Despois, o Brasil quedaría eliminado ao perder na tanda de penaltis por 4 a 3.

A lesión

Zico retornou ao Flamengo em 1985, para maior ledicia da afición, mais, no mesmo ano, a súa carreira sufriu o mais duro golpe. Nun encontro contra o Bangu, o xogador Márcio Nunes cometeu unha falta desleal, entrando cos dous pés no xeonllo esquerdo de Zico. A xogada rompeu os ligamentos cruzados do xeonllo do xogador, que se ten que se someter a diversas operacións, segundo di, "aprender a andar de novo". Máis tarde dixo non gardar rencor ó zagueiro.

Política

En 1990, durante o goberno do Presidente Fernando Collor de Mello, foi Secretario Nacional de Deportes.

Xapón

En 1991, retornou ao fútbol, para disputar o campeonato xaponés. A súa volta aos terreos de xogo, xunto con outros xogadores famosos xa retirados ou a punto de facelo, é hoxe calificada coma unha das maiores razóns da rápida popularización do fútbol no Xapón. En 1994, deixou definitivamente de xogar. O seu equipo foi o Sumimoto Metals (actual Kashima Antlers) do Xapón de 1991 a 1994.

Adestrador

Dende xuño de 2002 exerceu o cargo de selecionador da selección xaponesa. Apesar de ter sido varias vezes convidado a asumir cargos no Flamengo, Zico nunca aceptou. Especúlase que iso se debe en grande parte ós rumbos tomados polas administracións do clube carioca, que dende a época de Zico ven acumulando débedas e malos resultados. É actualmente adestrador de fútbol e de 2004 até 2006 dirixiu á selección do Xapón, que, a pesar de ter sido a primeira clasificada, foi eliminada na primeira fase do Mundial de Fútbol Alemaña 2006. Foi tamém campeón asiático coa selección xaponesa en 2004. Despois da copa foi contratado para adestrar ao equipo do Fenerbahçe en Turquía.

Estatísticas

Equipo Número de Goles Encontros Media
Flamengo (BRA) 568 765 0,74
Udinese (ITA) 57 79 0,72
Kashima Antlers (XAP) 54 88 0,61
Selección Brasileira 68 94 0,74
Selección Brasileira de Masters 8 16 0,5
Outros 44 49 0,9
TOTAL 799 1091 0,73

Títulos

  • Campeonato Carioca Infantil (Flamengo, 1969)
  • Campeonato Quadrangular Infantil (Flamengo, 1969)
  • Torneio Pré-Olímpico (Seleção Brasileira, 1971)
  • Campeonato Carioca Juvenil (Flamengo, 1972)
  • Campeonato Carioca (7) (Flamengo, 1972, 74, 78, 79 (Especial), 81 e 86)
  • Taça Guanabara (9) (Flamengo, 1972, 73, 78, 79, 80, 81, 82, 88 e 89)
  • Campeonato Brasileiro (4) (Flamengo, 1980, 82, 83 e 87)
  • Copa Rio Branco (Seleção Brasileira, 1976)
  • Copa Roca (Seleção Brasileira, 1976)
  • Mundialito de Cáli (COL) (Seleção Brasileira, 1977)
  • Taça Libertadores da América (Flamengo, 1981)
  • Mundial Interclubes (Flamengo, 1981)
  • Trofeo Ramón de Carranza (2) (Flamengo, 1979 e 80)
  • Torneio de Goiás (Flamengo, 1975)
  • Torneio de Jundiaí (Flamengo, 1975)
  • Torneio de Mato Grosso (Flamengo, 1976)
  • Torneio Bicentenário dos EUA (Seleção Brasileira, 1976)
  • Trofeo Ciudad de Santander (Flamengo, 1980)
  • Torneio de Nápoles (Flamengo 1981)
  • Torneio Quadrangular de Udine (Udinese, 1983)
  • Taça Rio de Janeiro (Flamengo, 1986)
  • Taça Euzébio de Andrade (Flamengo, 1987)
  • Copa Kirin (JAP) (Flamengo, 1988)
  • Troféu Colombino (Flamengo, 1988)
  • Torneio de Hamburgo (ALE) (Flamengo, 1989)
  • Copa do Craque (Seleção Brasileira Masters, 1990)
  • Copa Pelé (Seleção Brasileira Masters, 1991)
  • Copa Muroran (JAP) (Kashima Antlers, 1992)
  • Copa Suntory (1ª fase) (JAP) (Kashima Antlers, 1993)
  • Meiers Cup (JAP) (Kashima Antlers, 1993)
  • Pepsi Cup (JAP) (Kashima Antlers, 1993)
  • Mundial de Fútbol Praia (2) (Selección Brasileira, 1995 e 1996)
  • Copa América de Fútbol Praia (2) (Selección Brasileira 1995 e 1996)
  • Torneio Internacional de Fútbol Praia (XAP) (Selección Brasileira)

Premios

  • Mellor xogador das Américas elixido polo xornal "El Mundo" (VEN) - (1977)
  • Mellor xogador do mundo elixido polo "Guerin Esportivo" (ITA), "El Balón" (ESP), "El Mundo" (VEN) e revista "Placar" - (1981)
  • Mellor xogador das Américas elixido polos xornais "El Gráfico" (ARG) e "El Mundo" (VEN) - (1982)

Records

  • Artilleiro da tempada no Brasil - 59 goles - 1982
  • Record de goles co Flamengo nunha soa tempada - 49 goles - 1974
  • Record de goles co Flamengo nunha soa tempada - 56 gols - 1976
  • Recorde de goles en partidos seguidas no Campeonato Xaponês - 11 goles en 10 encontros seguidos - 1992

Goles

  • Campeonato Carioca de Escolinha - 26 goles - 1970
  • Campeonato Carioca Infantil 1 - 9 goles - 1971
  • Campeonato Carioca Profissional - 30 goles - 1975
  • Taça Guanabara - 10 goles - 1975
  • Campeonato Carioca - 27 goles - 1977
  • Campeonato Carioca - 19 goles - 1978
  • Campeonato Carioca - 26 goles - 1979
  • Campeonato Especial - 34 goles - 1979
  • Torneo Ramón de Carranza - 3 goles - 1979
  • Torneo Ramon de Carranza (ESP) - 2 goles - 1980
  • Torneo de Santander (ESP) - 3 goles - 1980
  • Campeonato Brasileiro - 21 goles - 1980
  • Copa Libertadores da América - 11 goles - 1981
  • Torneo de Nápoles (ITA) - 4 goles - 1981
  • Campeonato Brasileiro - 21 goles - 1982
  • Taça Guanabara - 12 goles - 1982
  • Campeonato Carioca - 21 goles - 1982
  • Campeonato Italiano - 19 goles- 1983
  • Campeonato Xaponês - 21 goles - 1992

Ligazóns externas