Yannis Ritsos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Chlewbot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: nl:Yannis Rítsos
Liña 30: Liña 30:
[[es:Yannis Ritsos]]
[[es:Yannis Ritsos]]
[[fr:Yannis Ritsos]]
[[fr:Yannis Ritsos]]
[[nl:Yannis Rítsos]]
[[tr:Yannis Ritsos]]
[[tr:Yannis Ritsos]]

Revisión como estaba o 30 de decembro de 2006 ás 17:04

Yannis Ritsos (Monemvasia, Peloponeso, 1909 - Atenas, 1990) foi un poeta grego.

Naceu nunha familia acomodada de proprietarios rurais. A súa infancia estivo marcada por desgrazas na familia: ruína económica, morte prematura da nai e do irmán maior e internamento do pai nun hospital psiquiátrico. El mesmo debeu pasar catro anos (1927-1931) nun sanatorio para se curar da tuberculose. As lecturas decídenno a converterse nun poeta e nun revolucionario.

Desde 1931 achégase ao Partido Comunista de Grecia, o KKE. Publica Tractor en 1934, inspirado no futurismo de Maiakovski, e Pirámides ao ano seguinte. Estas dúas obras logran un balanzo ainda fráxil entre a fé no futuro, inspirada no ideal comunista, e a desesperanza persoal.

O poema longo Epitafio (1936) inspírase na morte dun manifestante. Explota a forma da poesía popular tradicional para expresar, nunha linguaxe simple e clara, unha mensaxe conmovedora de fraternidade. A música que Theodorakis compuxo para Epitafio serviu como detonante da revolución cultural grega de 1960.

O rexime ditatorial de Metaxas, desde agosto de 1936, obrigou a Ritsos a mostrarse prudente, en especial porque Epitafio fora queimado en público. O poeta pasará a explorar algunhas das conquistas do surrealismo: o acceso ao dominio dos soños, as asociacións sorprendentes, a explosión de imaxes e símbolos, o liricismo que mostra a angustia do poeta, recordazóns doces e amargas. Os resultados aparecen en A canción da miña irmá 1937, lida durante a ditadura como símbolo de resistencia pasiva, e Sinfonía da primavera (1938). Theodorakis emprega fragmentos da súa obra como base para a súa Sétima Sinfonía (1983-1984), denominada precisamente Sinfonía da Primavera.

En Mazurca vella ao ritmo da choiva articula pola primeira vez a súa ligazón co espazo grego, o sentimento de "ser grego" que se manifesta na memoria histórica e que estará presente en toda a súa obra posterior: Romiossini (Grecicidade, 1954, tamén con música de Theodorakis en 1966) é un himno desgarrador á humillada terra de Grecia. Parte de A dama dos viñedos (1945-1947) fai tamén parte da Sétima Sinfonía de Theodorakis.

Durante a Guerra civil grega, Ritsos comprometeuse coa resistencia e foi enviado a varios campos de "rehabilitación" durante catro anos: Limnos, Ayios Efstratios e Macronissos. Apesar disto, a súa produción poética crece e aparece recollida en Vixilia (1941-1953) e na longa crónica poética desta década aterradora: Distritos do mundo (1949-1951. Pouco despóis aparecen as súas mellores obras: Sonata do Luar (1956), premio nacional de poesía, Cando chega o estraño (1958, As vellas e o mar (1958, A casa morta (1959-1962), que introduce os monólogos longos inspirados na mitoloxía e nas traxedias antigas: Orestes (1962-1966) e Filoctetes (1963-1965).

Entre 1967 e 1971, a xunta militar deportouno a Yaros, Leros e finalmente foi posto en liberdade vixiada na illa de Samos pola presión internacional e pola súa saúde. Continuou producindo, inspirándose cada vez máis na antigüidade grega: Perséfone (1965-1970), Agamenón (1966-1970), Ismene (1966-1971), Ajax (1967-1969) e Crisotemis 1967-1970, Helena (1970-1972), O retorno de Ifixenia (1971-1972) e Fedra (1974-1975).

Cuarta dimensión recolle todos os textos coa forma de monólogo teatral e que se inspiran nos mitos antigos. Os protagonistas atópanse con frecuencia cun conflito ás portas da morte, no momento en que están a facer balanzo das súas vidas. Diríxense a unha personaxe muda nun discurso chego de digresións e anacronismos. De feito, todos estes poemas son unha meditación sobre a idade madura, a morte, o tempo, o desgaste, historia e existencias familiares tomadas entre as esixencias persoais e os imperativos colectivos, a soledade e a crise dos movimentos revolucionarios.

Ritsos escribe tamén poemas cortos que pretenden reflectir de maneira conmovedora o pesadelo do seu pobo: Pedra, repetición, barras (1968-1969), Xestos, papeis: O muro no espello (1967-1971). Pasaxe e escalinata (1970), Dezaoito cancionciñas para a patria amarga (1968-1970). A partir de 1970, a súa poesía adopta a forma de sínteses longas nas que as roturas oníricas, os soños en vixilia e o surreal interveñen constantemente na vida diaria con presenzas estrañas de xente e un deslocamenteo continuo no tempo e no espazo: Facerse (19701-1977), O amortiguador (1976) ou Canción de vitoria ( 1977-1983, que celebran a fermosura da vida, encanto que Erótica (1980-1981) é un himno ao amor. As monocordes (1980 mostra a concentración extrema a que chegou a súa poesía. En 1977 recibiu o premio Lenine.

Na década de 1980, Ritsos tamén escribiu novelas: Iconostase dos santos anónimos (1983-1985) é unha colección de nove, nas que fai uso das súas conquistas previas na poesía: liberdade nas metáforas, alternancia do real e o onírico, linguaxe atrevida, florecer dos sentidos nun universo erótico no que os tempos e as idades sempre coexisten.

Os poemas do seu derradeiro libro, Tarde na noite (1987-1989) están cheos de tristeza e da consciencia das perdas, mais matizadas pola súa humildade, coa que restaura a vida ao seu redor, tentando preservar un fío de esperanza na Creatividade.