Prva HNL: Diferenzas entre revisións
m r2.7.3) (Bot: Cambio el:Πρωτάθλημα ποδοσφαίρου Κροατίας por el:Πρωτάθλημα Κροατίας ποδοσφαίρου ανδρών |
|||
Liña 173: | Liña 173: | ||
[[cs:Prva hrvatska nogometna liga]] |
[[cs:Prva hrvatska nogometna liga]] |
||
[[de:1. HNL]] |
[[de:1. HNL]] |
||
[[el:Πρωτάθλημα ποδοσφαίρου |
[[el:Πρωτάθλημα Κροατίας ποδοσφαίρου ανδρών]] |
||
[[en:Prva HNL]] |
[[en:Prva HNL]] |
||
[[es:Prva HNL]] |
[[es:Prva HNL]] |
Revisión como estaba o 28 de decembro de 2012 ás 06:16
A Prva Hrvatska Nogometna Liga (en croata: Primeira Liga Croata de Fútbol), máis coñecida como Prva HNL ou MAXtv Prva Liga por motivos de patrocinio, é a Primeira División da liga de fútbol de Croacia. Creouse en 1991, tras a independencia de Croacia de Iugoslavia. A primeira tempada empezou a desputarse en febreiro de 1992.
Sistema de competición
A Prva HNL está organizada pola Federación Croata de Fútbol e ao longo da súa historia cambiou o seu modelo de organización en varias ocasións.
A tempada empeza en xullo e remata en maio, cun descanso entre os meses de decembro e febreiro. Na tempada 2006/07 introdúxose un novo formato, no que participan 12 equipos, que nunha primeira fase enfróntanse entre eles a dobre partido. Tras estas 22 xornadas, xóganse 11 xornadas máis, todos contra todos, pero nun partido único, que se desputaba no campo do equipo mellor clasificado na primeira fase.
Na tempada 2009/10 ampliouse o número de clubs participantes, pasando de 12 a 16. O equipo campión obtén praza para a segunda ronla clasificatoria da Liga de Campións da UEFA; o segundo clasificado obtén unha praza para a segunda rolda da UEFA Europa League e o terceiro clasificado para a primeira rolda da mesma competición. O último clasificado descende directamente á Druga HNL.
Equipos da tempada 2012/13
Para a tempada 2012-13, ningún equipo da Druga NHL ascendeu de categoría debido a problemas coas licencias.
Historial
- (*) como Cracia de Zagreb
Títulos
- 14: NK Dinamo Zagreb
- 6: HNK Hajduk Split
- 1: NK Zagreb