Denis Diderot: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m Recategorizar
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Elimino: diq:Denis Diderot
Liña 47: Liña 47:
[[da:Denis Diderot]]
[[da:Denis Diderot]]
[[de:Denis Diderot]]
[[de:Denis Diderot]]
[[diq:Denis Diderot]]
[[el:Ντενί Ντιντερό]]
[[el:Ντενί Ντιντερό]]
[[en:Denis Diderot]]
[[en:Denis Diderot]]

Revisión como estaba o 26 de decembro de 2012 ás 23:22

Denis Diderot

Denis Diderot, nado en Langres o 5 de outubro de 1713 e finado en París o 31 de xullo de 1784, foi un escritor e filósofo francés pertencente ao movemento literario da Ilustración.

Traxectoria

Pertencía á burguesía provinciana que só podía ascender mediante a carreira eclesiástica. O seu desexo de progresar socialmente levouno a París, onde entrou en contacto cos círculos literarios máis avanzados e logrou formar ao redor del o grupo de intelectuais que se fará cargo da Enciclopedia. É o autor máis completo do século XVIII francés, pois compón obras de todo tipo de xéneros que se poden encadrar nas tres tendencias literarias da época: Rococó, nos seus comezos, Neoclasicismo e Prerromanticismo, a partir do seu compromiso coa Enciclopedia.

Etapas na súa obra

  • A súa primeira etapa, ata 1753, significa a súa entrada no mundo literario francés. Os seus primeiros traballos xa son moi polémicos. En Pensamentos filosóficos (1746), defende a supremacía da razón sobre Deus. A tese, exposta en Carta sobre cegos de que a intelixencia humana non se debe a Deus, senón que se forma a través da experiencia e por medio dos sentidos levarao ao cárcere acusado de ateísmo. A este período tamén pertence a obra Les bijoux indiscrets (As xoias indiscretas), obra de ambiente galante e bastante frívola, na que denuncia os costumes cortesáns convertendo aos órganos sexuais femininos en narradores de sucesos que só eles coñecen. Pero a grande empresa desta etapa foi a Enciclopedia, que será determinante na súa obra literaria.
  • A segunda etapa da súa obra esténdese entre os anos 1753 e 1761. Neste período, o autor céntrase no proxecto da Enciclopediae na produción teatral, pola que adquire renome. O teatro de Diderot apártase das modalidades tradicionais e configura un novo xénero coñecido como drama burgués e definido polos seguintes trazos:
  1. Loubanza á burguesía e crítica ao clero.
  2. Situación no seno familiar os problemas políticos.
  3. O protagonista é un burgués ilustrado, ateo, científico, moralista, moi traballador e aforrador.
  4. Destaca a explosión sentimental das personaxes, caracterizadas pola alternancia entre as súas actitudes razoables e o pranto mediante o cal representan a súa sensibilidade.
Nesta etapa, Diderot tamén compuxo obras doutros xéneros. Na novela A relixiosa denuncia a hipocrisía da Igrexa e os intereses económicos ocultos tralas vocacións relixiosas. O sobriño de Rameau é unha obra que marca a evolución do autor cara o pesimismo. Trátase dun diálogo entre un filósofo (progresista, positivo e moral) e un parasito (bufón e medio louco) sobre o sentido da existencia. A discusión termina en empate, sen que Diderot deixe claro o sentido da existencia humana e dos esforzos reformadores ilustrados.
  • A Terceira etapa da súa obra iníciase co recoñecemento internacional de Diderot en 1761. A obra máis destacada desta etapa é Jacques o fatalista, unha novela moi innovadora e libre na que o seu protagonista se sente perdido no labirinto do Estado. Con ela, Diderot abre a porta ao Romanticismo e anticipa un dos temas máis relevantes da novela existencial do século XX.