Deco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m Categoría
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio it:Deco por it:Deco (calciatore)
Liña 101: Liña 101:
[[id:Deco]]
[[id:Deco]]
[[io:Deco]]
[[io:Deco]]
[[it:Deco]]
[[it:Deco (calciatore)]]
[[ja:アンデルソン・ルイス・デ・ソウザ]]
[[ja:アンデルソン・ルイス・デ・ソウザ]]
[[jv:Deco]]
[[jv:Deco]]

Revisión como estaba o 25 de decembro de 2012 ás 05:58

Modelo:InfFut2 Anderson Luiz de Sousa, coñecido como Deco, nado en São Bernardo do Campo o 27 de agosto de 1977, é un futbolista brasileiro nacionalizado portugués. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Fluminense. Foi internacional coa selección portuguesa.

Traxectoria

Chegou a Portugal a través do SL Benfica, foi no Alverca que mostrou o seu fútbol para despois ingresar no FC Porto, ao que axudou a vencer en dous campionatos nacionais, unha Copa da UEFA, unha Liga de Campions e unha Liga de Portugal. Posteriormente fichou polo FC Barcelona.

Selección nacional

O estreo na selección portuguesa ocorreu o 29 de marzo do 2003, diante de Brasil, precisamente o seu país natal e actual campión do Mundo. O encontro, amigable, realizouse no Estadio das Antas, na cidade de Porto, e terminou coa vitoria de Portugal (2-1). Deco, que entrou aos 60 minutos por Sergio Conceição, marcou o gol que deu a vitoria lusitana.

Ata a decembro de 2004, Deco xa representou a selección en 24 ocasións, marcado dúas veces. A primeira no estreo e a segunda, o 13 de outubro de 2004, en Alvalade, na goleada (7–1) perante Rusia, en partido correspondente á fase de calificación do Mundial de Fútbol Alemaña 2006.