Nadal: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Cambio vi:Lễ Giáng sinh por vi:Lễ Giáng Sinh |
m r2.7.3) (Bot: Engado: se:Juovllat |
||
Liña 161: | Liña 161: | ||
[[sco:Christenmas]] |
[[sco:Christenmas]] |
||
[[sd:ميلاد عيسائي]] |
[[sd:ميلاد عيسائي]] |
||
[[se:Juovllat]] |
|||
[[sh:Božić]] |
[[sh:Božić]] |
||
[[si:නත්තල]] |
[[si:නත්තල]] |
Revisión como estaba o 25 de decembro de 2012 ás 01:04
- Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.
O nadal é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret ou Xesús Cristo. A Igrexa Católica, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexa Ortodoxa celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.
Historia e características
Segundo os Evanxeos, Xesús naceu en Belén de Xudea. Seus pais foron María e Xosé, estando estes de viaxe para seren rexistrados no censo romano. O nacemento de Xesús, dacordo cos seus seguidores, cumpría as profecías xudías sobre a chegada dun mesías que redimiría ao mundo do pecado.
As súas orixes remóntanse ao espallamento da relixión cristiá no século II: os romanos celebraban o día 25 o Natalis Solis Invicti (Nacemento do Sol Invicto); por outra banda, os pobos xermánicos celebraban unha festa pagana no solsticio de inverno. Ben puido ser que a Igrexa decidise facer coincidir as datas.
A noite do 24 de decembro celébrase a misa do galo que conmemora o nacemento de Xesucristo. Porén, nos países occidentais no último século celébrase o Nadal dende o 24 de decembro ata o día de Reis o 6 de xaneiro como unha festa de reunión familiar e cun compoñente comercial importante, perdendo en grande medida o espírito relixioso.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do nadal en Galicia.
-
Estrela de Belén
-
Iluminación de Nadal xunto á casa consistorial de Pontevedra.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas