A Sariña, Chantada: Diferenzas entre revisións
m Engado superficie, densidade e foto |
m Engado coordenadas xeográficas |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Coordenadas|42.57016943|-7.74021873|display=title}} |
|||
{{Parroquia |
{{Parroquia |
||
|nome = A Sariña |
|nome = A Sariña |
Revisión como estaba o 24 de decembro de 2012 ás 15:35
Coordenadas: 42°34′13″N 7°44′25″O / 42.57016943, -7.74021873
A Sariña | |
---|---|
Vista de do lugar de Soutariz pertencente A Sariña | |
Concello | Chantada |
Coordenadas | 42°34′08″N 7°44′30″O / 42.56901317, -7.74170443Coordenadas: 42°34′08″N 7°44′30″O / 42.56901317, -7.74170443{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Área | 1,14 [1] km² |
Poboación | 44 hab. (2011) |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese o signo de puntuación "". hab./km² |
Entidades de poboación | 3 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente da Sariña é unha parroquia do concello de Chantada, situada preto da ribeira do río Miño, a 2 km da ponte de Portotide, e a 6 km da vila de Chantada. No ano 2011 tiña 44 habitantes segundo datos do INE[2] e do IGE[3]. deles 22 eran homes e 22 eran mulleres.
Economía
As principais actividades desta parroquia baséanse na explotación dos recursos naturais propios desta terra; así, os seus habitantes dedicáronse dende sempre á venda de produtos naturais como os tomates, patacas, froita de tempada, etc, nas feiras e mercados máis próximos e coñecidos, como son os de Chantada e Escairón, aínda que tamén existe actividade gandeira e sobre todo vitivinícola, debido en gran parte á cultura do viño promovida pola proximidade da coñecida Ribeira Sacra lucense.
Pódese apreciar certa actividade artesá, pois era a xente da parroquia quen facía coas súas propias mans as cestas para a recollida das uvas na vendima ou as olas de vimbio.
Patrimonio
A pesar de se tratar dunha pequena parroquia, destaca a súa fermosa igrexa, coñecida como Igrexa de Santa María da Sariña. Construída na primeira metade do século XVIII, presenta planta e ábsida rectangulares. Os muros son de cantaría de granito e a cuberta a dúas augas. A fachada, que se remata cunha espadana de dous vans, responde a características barrocas, cun frontón partido pola espadana e un gran óculo central. No lado norte atopamos un altar exterior pegado ó muro, cunha imaxe da Virxe sobre un podium, todo isto en pedra. Dentro impresiona o maxestoso altar que a domina. Esta igrexa xurdiu en principio como unha ermida de peregrinación. Era coñecida ata hai ven pouco a romaría do día 9 de setembro, que actualmente vai a menos a pesar dos esforzos dos escasos párrocos para atender as numerosas parroquias da zona.
Lugares e parroquias
Lugares da Sariña
Lugares da parroquia da Sariña no concello de Chantada (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Chantada
Véxase tamén
Outros artigos
Notas
- ↑ www.concellodechantada.org
- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estatística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 24.decembro.2012.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Consultado o 24.decembro.2012.