Nova Gales do Sur: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio tl:Bagong Timog Gales por tl:New South Wales
Liña 156: Liña 156:
[[ta:நியூ சவுத் வேல்ஸ்]]
[[ta:நியூ சவுத் வேல்ஸ்]]
[[th:รัฐนิวเซาท์เวลส์]]
[[th:รัฐนิวเซาท์เวลส์]]
[[tl:Bagong Timog Gales]]
[[tl:New South Wales]]
[[tr:Yeni Güney Galler]]
[[tr:Yeni Güney Galler]]
[[uk:Новий Південний Уельс]]
[[uk:Новий Південний Уельс]]

Revisión como estaba o 23 de decembro de 2012 ás 19:02

Nova Gales do Sur
New South Wales

Escudo de Nova Gales do Sur

Bandeira do estado

Escudo de armas

Capital

Sydney

Gobernador

Marie Bashir (Actual Gobernador)

Presidente

Morris Iemma (ALP)

Área
Terra
Auga
Total


800.642 km²
8.802 km² (1.09%)
809.444 km² (5º)

Poboación
(xuño 2007)
Densidade

6.889.100 (1ro)

8,6 hab/km² (3ro)

Zona horaria

UTC+10 (agás durante daylight saving timeUTC+11)

Punto máis alto

Mount Kosciuszko (2.230 m)

ISO 3166-2 código:

AU-NS

Nova Gales do Sur (en inglés, New South Wales) é o estado máis antigo e poboado de Australia. Atópase na parte sudoriental do país, ao norte de Victoria e ao sur de Queensland. Foi fundado en 1788 e orixinalmente incluíu boa parte da terra de Australia, Nova Celandia e outras illas da rexión. Con todo, durante o século XIX, separáronse varios territorios deste estado, formando as colonias británicas de Tasmania, Australia Meridional, Victoria, Queensland e Nova Celandia.

Nova Gales do Sur é coñecida por Port Jackson, que é o porto máis importante da capital, Sidney, onde viven aproximadamente dous terzos da poboación total do estado. Tamén é coñecida por varios pobos pequenos do campo como Tamworth, o "fogar da música country" de Australia.

Xeografía

As súas catro cidades principais son, de norte a sur, Newcastle, Gosford, Sydney e Wollogong, todas elas na costa. Tamén destacan as localidades de Albury, Broken Hill, Dubbo, Tamworth, Armidale, Lismore, Nowra, Griffith, Leeton, Wagga Wagga, Goulburn e Coffs Harbour.

Fisicamente, o estado de Nova Gales do Sur pode dividirse en catro seccións:

  • A franxa costeira, con climas que van desde o fresco amornado no extremo sur ata o case subtropical na fronteira con Queensland.
  • As rexións montañosas da Gran Barreira Divisoria e as terras altas á súa ao redor. Moitos picos superan os mil metros de altitude, sendo o máis alto o Monte Kosciuszko, con 2.229 metros.
  • As chairas destinadas sobre todo á agricultura que ocupan boa parte da superficie do estado. A densidade de poboación é aquí moi inferior á da costa.
  • As chairas áridas do extremo noroccidental do estado, case inhabitables.

Goberno e política

A forma de goberno de Nova Gales do Sur é descrita na súa Constitución, que data de 1856, aínda que foi emendada en numerosas ocasións. Desde 1901, Nova Gales do Sur é un estado da Mancomunidade de Australia, e a Constitución australiana regula a súa relación coa Mancomunidade. De acordo coa norma fundamental australiana, Nova Gales do Sur cedeu certos poderes lexislativos e xudiciais á Mancomunidade, pero retivo os demais. Na práctica, no entanto, a autonomía dos estados australianos viuse recortada polo crecente predominio financeiro da Mancomunidade.

O Parlamento do Estado está composto por dous cámaras: a Asemblea Lexislativa (cámara baixa) e o Consello Lexislativo (cámara alta). O xefe de Goberno é o Primeiro Ministro do Estado, actualmente Morris Iemma, do Partido Laborista.