Andrés Montes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ast:Andrés Montes
Liña 41: Liña 41:
[[Category:Personalidades da radio|Montes, Andrés]]
[[Category:Personalidades da radio|Montes, Andrés]]


[[ast:Andrés Montes]]
[[es:Andrés Montes]]
[[es:Andrés Montes]]

Revisión como estaba o 29 de decembro de 2006 ás 12:06

Andrés Montes (Madrid, 1956) é un coñecido locutor deportivo español.

Dende 1993 narrou, xunto a Antoni Daimiel, as retransmisións da NBA en España para Canal +. En abril de 2006 anunciou a sú fichaxe por La Sexta, que lle encargaría os comentarios do mundial de Alemaña de 2006, apoiado polo ex-futbolista Julio Salinas e Antoni Esteva. Tamén retransmitiu o Campionato mundial de baloncesto de 2006 en Xapón con Juan Manuel López Iturriaga e Juan Domingo de la Cruz. Tamén está ao cargo de retransmitir-la Liga. É coñecido polo seu estilo desenfado e único, recurrindo a un argot específico de inventiva propia.

Expresións

  • A capela Price: Referenza ó xogador Brent Price polas súas habilidades musicais.
  • Abre los ojos: Dícese dos xogadores cos ollos moi abertos, tales como Kenny Thomas ou Brevin Knight.
  • Abuelo Victor: Define ós adestradores máis veteranos da NBA, tales como Lenny Wilkens, Del Harris ou Rick Adelman.
  • Acción Jackson: Jaren Jackson.
  • ¿Adivina quien viene esta noche?: En referenza ó filme de Stanley Kramer, na que se fai una analoxía da personaxe protagonizada por Sidney Poitier con Dennis Rodman.
  • Aerolíneas Jordan: Definición do estilo de xogo de Michael Jordan.
  • Al Salir de Clase: Club formado polos novos xogadores que dan o chimpo á NBA directamente dende o instituto, sen pasar pola Universidade ou sen completar o ciclo universitario de catro anos.
  • Albañilería: Traballo sucio dentro da equipa que non loce cara á galería pero que é necesario que alguén o realice.
  • Alcatraz: Bonzi Wells, alero dos Blazers. A súa imaxe, coa súa cinta no pelo e o seu físico é a típica dos filmes norteamericanos. Chris Gatling pode ser outro exemplo.
  • Alitas de pollo: Lorenzen Wright. O pívot dos Memphis Grizzlies é propietario dun restaurante que ten como especialidade as aliñas de polo.
  • Amarrategui blues: Esquemas de xogo ultradefensivos plantexados por algúns adestradores da NBA que semellan esquecérense de que o ataque tamén existe.
  • American Graffiti: Peja Stojakovic, alero iugoslavo dos Sacramento Kings. O pelo engominado e o flequillo de Peja son para Andrés Montes dignos do filme.
  • Aplicado y obediente: Eric Snow, base dos Philadelphia 76ers.
  • Artículo 34: É o artigo da Lei Marcial ó que recurre Shaquille O'Neal cando xoga. Hago lo que quiero, cuando quiero, como quiero y cuando me da la gana.
  • Aterrizando en el aeropuerto de (...): Cando un xogador machaca con forza o aro rival.
  • Austin Powers: Austin Croshere, alero dos Indiana Pacers.
  • Ayer tuve un sueño...: Mítica frase de Martin Luther King empregada para caracterizar ó grupo integrado por ex xogadores como Sam Perkins y Terrell Brandon.
  • Decodificador: Mote referidoa Deco xogador portugués do F.C. Barcelona
  • El auténtico Queso Manchego: Así é como se refire a Pablo Ibáñez, xogador español de fútbol.
  • E.T.: Así é como lle chama a Pau Gasol.
  • ...Las llaves del maricomio: Dende un partido de Angola no que xogaba
  • Loko,di esa frase cando unha equipa de fútbol tarda moito en meter gol.
  • Jugón: Expresión coa que Montes se refire a calquer deportista que xoga dun modo espectacular.
  • Mr. Catering: Así é como lle chama ao xogador da NBA Jóse Manuel Calderón.
  • Mr. Gayumbos: Así é como Montes chama a Ljungberg, xogador do Arsenal e da selección sueca de fútbol por ser modelo da marca Calvin Klein.
  • Multiusos Garbajosa: Así é como chama Montes a Jorge Garbajosa.
  • Porque la vida puede ser maravillosa: Expresión que repite frecuentemente durante os partidos de La Sexta do Mundial.
  • ¿Por qué eres tan bueno McGrady?: Frase que di cando o xogador da NBA Tracy McGrady realiza algunha acción espectacular.
  • Tiburón: Así é como Montes chama a Puyol, xogador do F.C. Barcelona e da selección española de fútbol.
  • Tiki Taka: Expresión surxida do maxín deste popular comentarista deportivo durante o Mundial de Fútbol Alemaña 2006. O "Tiki Taka" fai alusión á forma de xogar ó fútbol daqueles equipos que xogan ó toque, dando espectáculo e fabricando vistosas xogadas.
  • Tom Cruise: Así chama a Raúl, xogador do Real Madrid.
  • ¡Triiiiiiiiiiiiple!: Cando un xogador anota un triple.