Miñato común: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Image: +Ficheiro:)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: vi:Buteo buteo
Liña 121: Liña 121:
[[uk:Канюк звичайний]]
[[uk:Канюк звичайний]]
[[vec:Oselaž]]
[[vec:Oselaž]]
[[vi:Buteo buteo]]
[[zh:普通鵟]]
[[zh:普通鵟]]

Revisión como estaba o 21 de decembro de 2012 ás 05:53

Miñato común
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Buteo
Nome científico
Buteo buteo, Linnaeus, 1758
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


O miñato común (Buteo buteo) é unha ave de presa propia do Vello Mundo. Recibe tamén os nomes de miato, bexato, buxato, lamego ou lamote. O miñato típico acada entre 51 e 57 cm de lonxitude, cunha envergadura de 110 a 130 cm con as ás despregadas, o que o coloca entre as rapaces de tamaño medio. A súa especie espállase pola maior parte de Europa e tamén se extende por Asia. Polo corrente é unha ave que se estaciona todo o ano, excepto nas partes máis frías do hábitat, e máis no caso dalgunhas subespecies. Os miñatos poden chegar a vivir até 20 anos.

Os machos son máis grandes en tamaño e en peso que as femias.

Os miñatos, normalmente, non forman bandos, pero ás veces poden ser vistos xuntos da cando hai movementos migratorios ou nun bon hábitat. O escritor da época vitoriana , William Crossing, estando en Dartmoor, rexistrou que tiña visto, en ocasións, bandos de 15 ou máis miñatos nalgúns sitios.

Esta rapaz de amplas ás, posúe unha boa variedade de plumaxes, de xeito que en Europa pode ser confundido co parecido miñato pernivermello (Buteo lagopus) e co invulgar e distantemente emparentado miñato meleiro (Pernis apivorus),capaz de mimetizar a plumaxe do miñato común para se protexer do azor.

Reprodución

O miñato común constrúe un único niño ben en árbores ou en penas ailladas. A femia pón só 2 ou 3 (moi raramente 1 ou 4) ovos no niño, entre marzo e maio. Os ovos son caracteristicamente branco-azulentos con pintas grises ou acastañadas. O chocamento dura, polo normal, 34 días, alternándose, para chocalos, machos e femias. Os peldrachos fican no niño por uns 40 ou 50 días.

Hábitos alimenticios

Cría nos bosques, mais acostuma a cazar en terreo aberto. Aliméntase de pequenos mamíferos, répteis, batracios, insectos, paxaros, e pode mesmo aceptar a calaza.

Outros nomes en galego

O miñato común, ave abundante na Galiza, coñécese aínda con outros nomes: bexato ou buxato (aínda que bexato é tamén normativo, buxato está quizais máis espallado), queima, tartaraña, ...

Subespecies

As diferentes subespecies de miñatos divídense en varios grupos :

Grupo occidental

O grupo occidental está esencialemente composto de subespecies residentes ou migratorias, mais neste caso só de moi curto radio. Atopamos:

Grupo oriental

Está representado polas subespecies seguintes :

  • B. b. vulpinus : Eurasia. É un migrante de "longa distancia", excepto os inviduos que viven no Himalaia.
  • B. b. japonicus: Xapón.

Grupo africano

As dúas variantes, que viven en illas africanas, poderían pertencer ao primeiro grupo, mais mantéñense como especies distintas logo de ser analizado o seu ADN (Clouet & Wink 2000). Son:

Galería de imaxes