William James: Diferenzas entre revisións
m recat. |
m r2.7.2) (Bot: Engado: pnb:ولیم جیمز |
||
Liña 69: | Liña 69: | ||
[[pl:William James]] |
[[pl:William James]] |
||
[[pms:William James]] |
[[pms:William James]] |
||
[[pnb:ولیم جیمز]] |
|||
[[ps:وېليم جېمز]] |
[[ps:وېليم جېمز]] |
||
[[pt:William James]] |
[[pt:William James]] |
Revisión como estaba o 21 de decembro de 2012 ás 02:32
William James, nado o 11 de xaneiro de 1842 en Nova York e finado en Chocorua (Nova Hampshire) o 26 de agosto de 1910, foi un psicólogo e filósofo estadounidense.
Traxectoria
Criado nunha familia de tradición calvinista, é irmán de Henry James. Primeiramente estudou medicina para despois ocuparse da psicoloxía e a filosofía. Profesor da Universidade de Harvard, foi un prolífico conferenciante. John Dewey foi alumno seu.
Pensamento
Psicoloxía
Falou do stream of consciouness, é dicir, da corrente ou fluxo da conciencia. A conciencia é un continuo bulir de conceptos e relacións. Para el o ser empírico é un ser material (corpóreo), social (o que os demais opinan) e espiritual (a interioridade). Segundo a súa teoría periférica das emocións, é o a manifestación somática o que xera a emoción.
Filosofía
Defendeu o pragmatismo. Considera que non pode haber unha diferencia que non faga unha diferencia. A función da filosofía consiste na pescuda da diferencia que producirá en ti e en min que unha fórmula do mundo se estime verdadeira. Hai que abandonar a abstracción pola concreción, os sistemas pechados pola acción e o poder. Máis que os principios e as categorías contan as consecuencias e os feitos. As ideas son parte da experiencia, e só deben ser tidas como verdadeiras se nos permiten entrar en contacto con outras experiencias. Xa que logo, verdade é o que funciona, o que sae ben, o que é útil, o que ten éxito.
Obras
- The principles of psicology.
- The Will to Believe.
- Pragmatism: A New Name for Some Old Ways of Thinking.
- The Meaning of Thruth.
- Pluralistic Universe.
- Essays in Radical Empiricism.
- Some Problems of Philosophy.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: William James |