Limón: Diferenzas entre revisións
m Bot: Engado: pa:ਨਿੰਬੂ; elimino: lij:Çetron (strongly connected to gl:Laranxa (froita)) |
m Bot: Engado: ba:Лимон |
||
Liña 74: | Liña 74: | ||
[[ast:Citrus limon]] |
[[ast:Citrus limon]] |
||
[[az:Limon]] |
[[az:Limon]] |
||
[[ba:Лимон]] |
|||
[[bar:Limauni]] |
[[bar:Limauni]] |
||
[[bat-smg:Cėtrėna]] |
[[bat-smg:Cėtrėna]] |
Revisión como estaba o 20 de decembro de 2012 ás 06:04
O limón é o froito do limoeiro (Citrus limon L.), da familia das Rutáceas. Orixinario do Sueste Asiático e descoñecido para os antigos gregos e romanos, o limoeiro estendeuse pola zona mediterránea introducido polos árabes entre os anos 1000 e 1200. A primeira referencia sobre este citrino atópase no libro de Nabathae sobre agricultura, datando do século III ou IV.
Hai relatos de limoeiros cultivados en Xenova a mediados do século XV, así como referencias á súa existencia nos Azores en 1494.
Séculos máis tarde, os limóns utilizáronse pola mariña británica para combater o escorbuto, xa que proporcionaban unha gran cantidade de vitamina C: o sumo do limón contén aproximadamente 500 miligramos de vitamina C e 50 gramos de ácido cítrico por litro. Actualmente é unha das froitas máis coñecidas e utilizadas no mundo.
As súas aplicacións na vida doméstica son innúmeras. Co suco da froita, prepáranse refrixerantes, sorbetes, mollos e aperitivos, ben como remedios, xaropes e produtos de limpeza. Da casca, extráese unha esencia aromática usada en perfumaría e no preparo de licores e xabóns.
Características
Híbrido cultivado, as árbores son pequenas (non atinxe máis de 6 metros de altura), espinescentes, moi ramificadas, de caule e ramos castaño claros; as follas son alternas, oblóngoelípticas, con puntuacións translúcidas; as inflorescencias son de flores axilares, albas ou violetas, en cacho. Reprodúcese por estacas de gallos, en solo areoso e ben estercado, de preferencia en rexións de clima quente ou temperado. Propágase tamén por sementes, que requiren solo leve e fértil, en lugar soleado e protexido dos ventos.
Frutifica durante todo o ano, en innúmeras variedades, que aínda que muden no tamaño e na textura da casca, que pode ser lisa ou enrugada, canto á cor, varían do verde escuro ao amarelo claro, excepto unha das especies, que se asemella a unha tanxerina.
Fisicamente o limón caracterízase por ser de forma ovalada con picos nos extremos da diagonal superior e ter unha pel de grosor moi variable (duns poucos milímetros a case un centímetro). Cando está madura, a pel é de cor marela polo exterior e case branca polo interior.
Contén ácido cítrico, hesperidina e entre as vitaminas: a vitamina C (ácido ascórbico) -uns 30mg en 100g-, e as vitaminas A, B1 (tiamina), B2 (riboflavina), B3 (ácido nicotínico), B5 (ácido pantoténico) e B6. Minerais: calcio, cobre, cloro, ferro, fósforo, magnesio, manganeso, potasio, sodio e xofre.
Utilización
Úsanse as follas, a casca do froito e mais o suco do froito. Aínda que é comestíbel, non é habitual comelo tal como se colle da árbore por ter un sabor moi ácido. Os que teñen cor amarela ou amarelo-esverdeada, cultívanse sobre todo polo sumo, aínda que a polpa e a casca tamén se utilicen en culinaria. Os limóns conteñen unha gran cantidade de ácido cítrico, o que lles confire un gusto ácido.
Os limóns e as limas sérvense regularmente como limoada (sumo de limón natural con auga e azucre), ou como adorno para as bebidas tales como Coca-cola cunha rodela dentro ou na borda do copo.
É moi apreciado en repostería por potenciar o sabor e o seu zume por ser refrescante. Ademais, é amplamente utilizado como desinfectante e desengraxante tanto só como combinado con outros produtos de limpeza.
Produción e exportacións
As variedades mais abundantes no mercado son: Lisbon, Eureka, Primofiori e Verna. España é o maior exportador de Europa e México o maior produtor do mundo.
Produción de limóns e limas ( toneladas ). Fonte FAO. | ||
---|---|---|
País | Ano 2004 | Ano 2002 |
México | 1.824.890 | 1.725.090 |
India | 1.420.000 | 1.440.000 |
Irán | 1.100.000 | 1.040.000 |
España | 1.050.000 | 919.700 |
Arxentina | 950.000 | 1.313.266 |
Brasil | 950.000 | 984.551 |
Estados Unidos de América | 732.000 | 733.001 |
China | 618.300 | 520.568 |
Italia | 550.000 | 486.410 |
Turquía | 535.000 | 525.000 |
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Limón |