O hobbit: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 75: Liña 75:


==Adaptacións==
==Adaptacións==
Existe unha adaptación de debuxos animados do ano 1977. [[Peter Jackson]] fai a versión cinematográfica despous d'O Señor dos Aneis, a xeito de triloxía (2012, 2013, 2014). Bilbo Bulseiro vello é interpretado por [[Iam Holm]], e Bilbo novo por [[Martin Freeman]].
Existe unha adaptación de debuxos animados do ano 1977. [[Peter Jackson]] fai a versión cinematográfica despois d'O Señor dos Aneis, a xeito de triloxía (2012, 2013, 2014). Bilbo Bulseiro vello é interpretado por [[Iam Holm]], e Bilbo novo por [[Martin Freeman]].
[editar]
[editar]



Revisión como estaba o 16 de decembro de 2012 ás 19:18

O hobbit
O Outeiro de Hobbiton, onde está a casa de Bilbo Bulseiro
Título orixinalThe Hobbit
Autor/aJ. R. R. Tolkien
Ilustrador/aJ. R. R. Tolkien
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónFóra de Xogo (nº 41)
Xénero(s)Novela
EditorialModelo:RUb George Allen & Unwin
Galicia Edicións Xerais
Data de pub.Modelo:RUb 1937
Galicia2000
ISBN84-8302-495-0
Seguido porO Señor dos Aneis
TraduciónMoisés Rodríguez Barcia
editar datos en Wikidata ]

O hobbit é un conto longo de J. R. R. Tolkien, publicado o 21 de setembro de 1937 co título de The Hobbit. Foi traducida ao galego por Moisés Rodríguez Barcia e publicado por Edicións Xerais en 2000. Esta obra de corte infantil foi iniciada entre 1930 e 1931, e é a primeira vez que aparece o universo mitolóxico da Terra Media que máis tarde definirán O Señor dos Aneis e O Silmarillion, perfilándose algúns dos personaxes que logo participarán de forma moi activa en O Señor dos Aneis, como Gandalf ou Bilbo.

Trama

Moradas dos hobbit.

A historia sitúase cronoloxicamente no ano 2941 da TI, poucas decenas de anos antes das aventuras d’O Señor dos Aneis. Narra a viaxe dun hobbit chamado Bilbo Bulseiro (tío de Frodo, un dos protagonistas principais d’O Señor dos Aneis), ó que non lle gustan as aventuras, á Montaña Solitaria en busca do tesouro roubado polo dragón Smaug anos atrás. Algúns dos feitos narrados n’O hobbit influirán nos acontecementos posteriores d’O Señor dos Aneis, como o achado do Anel, que estaba en mans da criatura Gollum, e o seu traslado á Comarca.

Todo comeza un inesperado día no que Bilbo recibe a visita de Gandalf o Gris xunto con 13 ananos: Dwalin, Balin, Kili, Fili, Dori, Nori, Ori, Oin, Gloin, Bifur, Bofur e Bombur, liderados Thorin Escudo de Carballo, descendente dos propietarios do tesouro roubado. Os ananos andan na procura dun saqueador experto para levar a cabo o seu plan de chegar a Erebor, derrotar o dragón Smaug e recuperar o reino e o tesouro.

De camiño ás Montañas Bretemosas, a compañía entrou no bosque dos trolls, onde foron capturados por un grupiño de tres destes seres. Mentres discutían se ían comer os ananos asados ou cocidos, Gandalf distraeunos, até que co amencer se converteron en estatuas de pedra. Na cova dos trolls atoparon unhas espadas do reino élfico de Gondolin. Thorin colleu Orcrist e Gandalf Glamdring, a espada que pertencera ao rei Turgon. Bilbo quedou cunha daga, á que chamou Aguillón. Logo de seguir o camiño, chegaron a Rivendel, a terra gobernada por Elrond, que os axudou a descifrar o mapa do tesouro de Smaug e as inscricións rúnicas das espadas.

Nas Montañas Bretemosas atoparon cunha tormenta que os obrigou a resgardarse nunha caverna chea de trasgos. Ao se dispersaren, Bilbo atopou un anel, e despois chegou á beira dun lago subterráneo, onde estaba a criatura Gollum. Este desafiouno a un xogo de adiviñas, prometendo que se gañaba Bilbo, axudaríao a saír. Tras perder, logo dunha pregunta de Bilbo que Gollum tomou como adiviña, Gollum negouse a cumprir a promesa e foi na procura do seu anel para matar a Bilbo, e este botou a correr tras saber que o anel facía invisible a quen o levase. Logo de lograr escapar, logrou reunirse no exterior da montaña coa compañía. Esta foi perseguida de novo por un grupo de trasgos e dwargos, pero foron rescatados por un grupo de águias.

Ficheiro:Smaug in the lake.jpg
Smaug caendo ao lago tras atacar Esgaroth.

Logo de descenderen a montaña, os ananos, o hobbit e o mago chegaron á casa de Beorn, un home-oso, quen lles prestou armas e ponis chegaren ao Bosque Negro. Alí Gandalf debeu ausentarse por un tempo, e a compañía foi apresada polas arañas e polos elfos do bosque, gobernados polo rei Thranduil, se ben Bilbo logrou rescatalos as dúas veces.

A compañía chegou a Esgaroth, a Cidade do Lago, desde onde se dirixiron a Erebor. Alí, Bilbo logrou entrar na guarida de Smaug grazas ao anel e roubarlle un cáliz. O dragón, pensando que lle roubaran os homes do Lago, dirixiuse á cidade disposto a destruíla, pero Bardo, príncipe da Cidade do Val, logrou matalo ao cravarlle a Frecha Negra nun lugar no que estaba desprotexido.

Ao se decataren de que o tesoro de Smaug quedara desprotexido, os elfos e os homes dirixíronse a Erebor. Alí os ananos construíran defensas na porta principal, informados polo corvo Roäc das súas intencións. Os elfos e os homes consideraban que tiñan dereito a parte do tesouro por matar a Smaug e sufrir anteriormente a súa ira, pero Thorin, defendía que o tesouro era seu por dereito, negándose a chegar a calquera tipo de negociación. Mentres os homes e os elfos asediaban a montaña, os ananos buscaron a Pedra da Arca, o obxecto máis apreciado por Thorin, pero xa fora collida por Bilbo, que a mantiña escondida por medo a represalias. O hobbit baixou ao campamento dos homes e elfos, onde tamén estaba Gandalf, e deulle a Pedra da Arca a Bardo para que non atacase Erebor.

Ao mostrarlle a Thorin a pedra, este enfadouse. Tiña pensado atacar, agardando por un grupo de ananos chegados desde os Outeiros de Ferro. Porén, ao pouco chegou un exército de trasgos e dwargos, provocando a unión de ananos, elfos e homes na Batalla dos Cinco Exércitos. Cando o combate parecía perdido, chegaron as aguias e Beorn, quen matou ao xefe dos trasgos, Bolgo, facendo que o seu exército se dispersase e fose destruído. Na batalla morreron Thorin e os seus sobriños Fili e Kili, quedando Balin como rei baixo a Montaña. Os distintos pobos repartiron o tesouro, e Bilbo regresou ao Outeiro cunha pequena parte do tesouro e co anel.

Análise

Se ben a análise da obra leva invariablemente á confrontación coa súa "irmá maior", O Señor dos Aneis, non é posible facer unha comparación entre elas, xa que o ton e estilo son completamente distintos, pois estaba destinado por completo a un público infantil. De feito, a obra foi escrita nun principio para os seus fillos, e foi o fillo do editor George Unwin, de dez anos, quen por unha paga (un xilin), escribiu un resumo da obra e aconsellou a súa edición; ese "informe" aínda pode ser consultado.

Debido a que Tolkien non sempre tivo claro o realizar unha continuación desta obra, unha vez creado o Señor dos Aneis, tivo que realizar algúns cambios coa intención de que ambas obras tiveran a coherencia adecuada.

Personaxes principais

Nome Raza Resumo
Bilbo Bulseiro Hobbit Nacido no ano 2980 da Terceira Idade do Sol, Bilbo é fillo de Bungo Bulseiro e Belladonna Tuc. É o protagonista da novela.
Gandalf Maia Chamado Olórin en Aman, foi enviado á Terra Media na Terceira Idade do Sol xunto a outros catro maiar que formaron a Orde dos Istari, cuxo obxectivo era combater a Sauron e protexer del os habitantes da Terra Media. O elfo Círdan, que foi testemuña da súa chegada, entregoulle un dos tres aneis élficos, Narya. Fixo numerosas viaxes e tratou de coñecer todos os pobos da Terra Media, feito que o conduciu á Comarca e a Bilbo, desencadeando así a historia narrada n’O hobbit.
Thorin Anano Fillo de Thráin II e irmán maior de Frerin e Dís, naceu no ano 2746 da Terceira Idade do Sol. Loitou xunto ao seu pobo na batalla de Azanulbizar, onde gañou o alcuño Escudo de carballo por ter combatido e terse defendido coa póla dun carballo. Tras a derrota dos ananos acompañou a seu pai até as Montañas Azuis e, cando este morreu nos calabouzos de Dol Guldur, converteuse no novo rei.
Smaug Dragón É un dos dragóns alados que vivían nas Montañas Grises. Ao ouvir noticias sobre as riquezas de Erebor dirixiuse ao reino, destruíu Esgaroth e expulsou os ananos. Coas xemas do tesouro acoirazou o peito e o ventre do seu corpo.
Ficheiro:Smaug in the lake.jpg
Representación do dragón Smaug caendo ao lago tras atacar Esgaroth.

Adaptacións

Existe unha adaptación de debuxos animados do ano 1977. Peter Jackson fai a versión cinematográfica despois d'O Señor dos Aneis, a xeito de triloxía (2012, 2013, 2014). Bilbo Bulseiro vello é interpretado por Iam Holm, e Bilbo novo por Martin Freeman. [editar]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA