Pedro Barrié de la Maza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 17: Liña 17:
Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de [[1958]]. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publícase nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro ([[A Coruña]]) cun importe de 180 millóns de pesetas eran depositadas no [[Banco Pastor]]. <ref>{{Cita novas |título= Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña |autor= |url= http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1958/12/30/061.html |xornal= ACB |data= 30 de decembro de 1958 |dataacceso=10 de decembro de 2012}}</ref> Segundo relata o libro "Grandes Empresas, grandes historias de Galicia" (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.

En [[1966]] crea a fundación Conde de Fenosa con sede en [[A Coruña]] e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do [[Banco Pastor]] hoxe absorvido por [[Banco Popular]]
En [[1966]] crea a fundación Conde de Fenosa con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do [[Banco Pastor]] hoxe absorbido por [[Banco Popular]]

==Vida persoal==
==Vida persoal==

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2012 ás 14:04

Pedro Barrié de la Maza, nado na Coruña o 17 de decembro de 1888 e falecido o 14 de marzo de 1971, conde de Fenosa, foi un empresario galego.

Traxectoria

Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da Coruña, e logo ampliou os seus estudos financeiros en Gran Bretaña, Alemaña e Francia.

Foi un dos principais financeiros do bando nacional durante a Guerra Civil Española, motivo polo cal Franco concedeulle importantes privilexios.

Desde 1939 ata 1971 dirixiu o principal banco de Galicia (Banco Pastor) e creou en 1943 a empresa de electricidade Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA), hoxe Gas Natural Fenosa, participando así no desenvolvemento económico de Galicia.

Foi presidente de Astilleros e Talleres do Noroeste, S.A. (ASTANO) desde 1948 ata 1971. Desde 1944 ata 1971 foi Presidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña construíndo, entre outras cousas, o dique de abrigo.

Promoveu ou presidiu moitas outras empresas como Aluminio de Galicia, Gas Madrid, La Toja, Minero Siderúrgica de Ponferrada, PEBSA, etc.

En 1955 foille outorgado o título de conde de Fenosa pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como poden ser a Gran Cruz de Isabel a Católica, a Gran Cruz de Beneficencia ou a Gran Cruz do Mérito Civil.

Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de 1958. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publícase nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro (A Coruña) cun importe de 180 millóns de pesetas eran depositadas no Banco Pastor. [1] Segundo relata o libro "Grandes Empresas, grandes historias de Galicia" (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.

En 1966 crea a fundación Conde de Fenosa con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do Banco Pastor hoxe absorbido por Banco Popular

Vida persoal

Estivo casado con Carmela Arias y Díaz de Rábago.

Notas

  1. "Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña". ACB. 30 de decembro de 1958. Consultado o 10 de decembro de 2012.