Melvin Calvin: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
JaviP96 (conversa | contribucións)
Liña 61: Liña 61:
[[Categoría:Nados en 1911]]
[[Categoría:Nados en 1911]]
[[Categoría:Finados en 1997]]
[[Categoría:Finados en 1997]]
[[Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos]]


[[an:Melvin Calvin]]
[[an:Melvin Calvin]]

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2012 ás 12:50


Melvin Calvin
Melvin Calvin
Datos persoais
Nome completoMelvin Ellis Calvin
Nacemento8 de abril de 1911
LugarSaint Paul Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento8 de xaneiro de 1997
LugarBerkeley Estados Unidos de América Estados Unidos
CausaInsuficiencia cardíaca
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Cónxuxe
  • Genevieve Jemtegaard
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Bioloxía
  • Alma máterUniversidade de Minnesota, Universidade de Manchester, Michigan Technological University e Central High School
    Director de teseMichael Polanyi
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Ciclo de Calvin
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1961)
  • Medalla Priestley (1978)
  • Medalla Davy (1964)
  • Medalla de ouro do Instituto de Química Americano
  • editar datos en Wikidata ]

    Melvin Calvin nado o 8 de abril de 1911 en Saint Paul (Estados Unidos) e finado o 8 de xaneiro de 1997 en Berkeley (USA), foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1961.

    Biografía

    Melvin naceu no seo dunha familia de inmigrantes rusos en Saint Paul, Minnesota. Criouse en Detroit.

    Cursou estudos de química na Escola de Minería e Tecnoloxía de Míchigan (hoxe Universidade Tecnolóxica de Míchigan), onde se licenciou en 1931. Posteriormente amplío os seus estudos na Universidade de Minnesota, onde se doctorou en 1935 e ao ano seguinte conseguiu realizar unha bolsa postdoctoral na Universidade de Mánchester en Inglaterra.

    Incorporouse ao departamento de química da Universidade de California, en Berkeley, en 1937 e en 1947 conseguiu ser nomeado profesor de química. Nesa mesma universidade foi director do Laboratorio Lawrence de Radiacións do Departamento de Química Biolóxica.

    Investigacións científicas

    A súa carreira iniciouse tras un accidente ocorrido en 1936 na fábrica de tinguiduras que Imperial Chemical Industries (ICI) tiña en Manchester. Elaborábase un composto incoloro chamado ftalonitrilo, pero unha partida saíu dunha bela cor azul, ao parecer por unha greta no forro de vidro do recipiente. Identificouse como ftalocianina, membro dunha nova, e estruturalmente interesante, familia de compostos.

    Calvin, que chegaba á Universidade de Manchester para realizar estudos posdoctorales, traballaba co profesor Michael Polanyi e viu que o composto da ICI tiña un parecido estrutural coa hemomolécula e coa clorofila: as dúas moléculas catalíticas máis importantes nos seres vivos e, bioquímicamente, as máis difíciles de comprender e de imitar. Seguiu a suxestión de Polanyi de empregar o composto da ICI como modelo para investigar a conexión entre a estrutura e a estabilidade nesas moléculas tan fundamentais.

    Durante a década de 1940, na súa estancia en Berkeley, comezou os seus experimentos sobre a fotosíntese sobre cultivos da alga verde unicelular Chlorella pyrenoidosa, separando os compostos obtidos por cromatografía bidimensional e identificándoos grazas ao carbono-14 e esclarecendo o proceso de asimilación fotoquímica do dióxido de carbono polas partes verdes das plantas, hoxe frecuentemente denominado ciclo de Calvin.
    Foi galardoado co Premio Nobel de Química en 1961 polos seus traballos sobre a asimilación do dióxido de carbono polas plantas.

    Véxase tamén

    Ligazóns externas

    Predecesor:
    Willard Frank Libby
    Premio Nobel de Química

    1961
    Sucesor:
    John Cowdery Kendrew
    e
    Max Ferdinand Perutz

    Modelo:Nobel de Química