Percy Williams Bridgman: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Personalidades da física; engado a Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América mediante HotCat |
m engado a Categoría:Nados en 1881 mediante HotCat |
||
Liña 43: | Liña 43: | ||
[[Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América|Bridgman, Percy Williamssi]] |
[[Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América|Bridgman, Percy Williamssi]] |
||
[[Categoría:Premio Nobel de Física|Bridgman, Percy Williamas]] |
[[Categoría:Premio Nobel de Física|Bridgman, Percy Williamas]] |
||
[[Categoría:Nados en 1881]] |
|||
[[ar:بيرسي ويليامز بريجمان]] |
[[ar:بيرسي ويليامز بريجمان]] |
Revisión como estaba o 16 de decembro de 2012 ás 12:39
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1881 Cambridge, Estados Unidos de América |
Morte | 20 de agosto de 1961 Randolph, Nova Hampshire |
Causa da morte | Suicidio |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade Harvard Newton North High School (en) |
Director de tese | Wallace Clement Sabine (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | |
Ocupación | físico , profesor universitario |
Empregador | Universidade Harvard |
Membro de | |
Alumnos | Robert Oppenheimer |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | Edwin C. Kemble (pt) e John Clarke Slater (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Olive Ware (en) |
Premios | |
Premio Nobel de Física en 1946 | |
Lista
|
Percy Williams Bridgman, nado en Cambridge, Massachusets, o 21 de abril de 1881 e falecido en Randolph, Nova Hampshire, o 20 de agosto de 1961, foi un físico e profesor universitario norteamericano, galardoado en 1946 co Premio Nobel de Física.
Traxectoria
Estudou física na Universidade Harvard, exercendo en 1919 como profesor nesta universidade. Foi membro da delegación estranxeira da Royal Society británica.
Suicidouse logo de serlle diagnosticado un cancro.
Investigacións científicas
En 1905 iniciou as súas investigacións de certos fenómenos atmosféricos baixo a influencia da presión. Por mor dun mal funcionamento da maquinaria modificou a súa máquina de presión, e o resultado foi que inventara un novo enxeño, o cal lle permitiría crear presións por encima de 100.000 kg/cm². Isto supuxo unha mellora enorme respecto á instrumentación anterior, na cal as presións podían chegar soamente ata os 3000 kg/cm².
Con este novo aparello investigou o efecto da presión sobre a resistencia eléctrica, e as condicións sólidas e fluídas baixo presión. Así mesmo tamén estudou a condución eléctrica en metais, as características de certos cristais e desenvolveu unha gran tarefa divulgativa.
En 1946 foi galardoado co Premio Nobel de Física polo seu traballo sobre a física de altas presións.
Foi un dos 11 signatarios do manifesto Russell-Einstein realizado no ano 1955. Aquel mesmo ano sometendo grafito a presións de 20.000 a 30.000 atm a temperaturas de 3.000 ºC obtivo diamantes sintéticos, a produción industrial dos cales foi empresa pouco despois.