Kaaba: Diferenzas entre revisións
arranxiños |
arranxiño |
||
Liña 42: | Liña 42: | ||
#''مقام إبراهيم , ''Maqām Ibrāhīm'', ''Estación de Abraham'', protexido por unha furna de vidro e metal onde segundo a tradición Abraham deixou as pegadas dos seus pés. |
#''مقام إبراهيم , ''Maqām Ibrāhīm'', ''Estación de Abraham'', protexido por unha furna de vidro e metal onde segundo a tradición Abraham deixou as pegadas dos seus pés. |
||
#Esquina da Pedra Negra (Sur-Este). |
#Esquina da Pedra Negra (Sur-Este). |
||
#Esquina de [[ |
#Esquina de [[Iemen]] (Sur-Oeste). Os peregrinos tradicionalmente pasan a man sobre unha grande pedra vertical que forma a esquina. |
||
#Esquina de [[Siria]] (N-O). |
#Esquina de [[Siria]] (N-O). |
||
#Esquina de [[Iraq]] (N-E). |
#Esquina de [[Iraq]] (N-E). |
Revisión como estaba o 16 de decembro de 2012 ás 02:02
Coordenadas: 21°25′20.98″N 39°49′34.33″L / 21.4224944, -39.8262028
Kaaba (árabe: الكعبة ou Al Ka'abah Al Musharafah : الكعبة المشرًّفة tamén: al-Bait ul Ateeq البيت العتيق e al-Bait ul Haram البيت الحرام) é unha construción reverenciada polos musulmáns, na mesquita sagrada de Masjid al-Haram na Meca, e é considerado polos devotos do Islam como o lugar máis sagrado do mundo.
A Kaaba é unha construción cúbica de 15,24 m de altura e está cercada por muros de 10,67 m e 12,19 m de altura. Está permanentemente coberta por unha manta escura con bordados dourados que é regularmente substituida. No seu interior aópase a Pedra Negra (Hajar-ul-Aswad), unha pedra escura de preto de 50 cm de diámetro, considerada unha das reliquias máis sagradas do Islam. É probabelmente o resto dun meteorito.
A Kaaba é o lugar máis sagrado do Islam, e centro das peregrinacións (hajj), e é para onde se vira o devoto musulmán durante os seus rezos diarios (salat).
No período pagán, a Kaaba probabelmente simbolizaba o sistema solar, abrigando 360 ídolos, sendo así unha representación zodiacal. Cando o profeta Mahoma repudiou todos os deuses pagáns e proclamou un Deus único, Alá, a Kaaba pasou de ser un centro de perigrinación pagá a un centro da nova fe.
O edificio foi varias veces restaurado, sendo a actual construción datada no século VII, substituindo a máis antiga que foi destruída no cerco de Meca en 683.
Segundo algunhas lendas islámicas, a Kaaba foi construída por Adán para adorar ao Señor Deus. Segundo o Corán, os fundamentos da Kaaba estableceunos Abraham, que recibiu a pedra negra do anxo Gabriel.
Hoxe, a Kaaba representa a casa de Deus. Para o musulmán, que se volta cara ela nas súas preces diarias, representa non só o centro do mundo, senón o centro do propio universo.
Estrutura da Kaaba
Kaaba | Dimensións |
---|---|
Kaaba | |
---|---|
En tempos de Mahoma, a tribo de Quraish era a encargada de gardar o santuario da Kaaba. Mahoma era fillo dun mercader pertencente a esa tribo.
|