Simón Bolívar: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: bs:Simon Bolivar
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m robot Añadido: sw:Simon Bolivar
Liña 75: Liña 75:
[[sr:Симон Боливар]]
[[sr:Симон Боливар]]
[[sv:Simón Bolívar]]
[[sv:Simón Bolívar]]
[[sw:Simon Bolivar]]
[[tr:Simón Bolívar]]
[[tr:Simón Bolívar]]
[[uk:Болівар Симон]]
[[uk:Болівар Симон]]

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2006 ás 04:34

Simón Bolívar

Simón Bolívar (24 de xullo de 1783 - 17 de decembro de 1830) foi un líder político sudamericano. Loitou pola independencia dos territorios baixo o dominio español que hoxe forman Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Panamá e Bolivia. Reverenciado hoxe como heroe nestes países e tamén en case todo o resto da América Latina.

Primeiros anos de vida

Bolívar naceu en Caracas (hoxe, capital de Venezuela) nunha familia aristocrática, educado por varios tutores, entre os que destaca Simón Rodríguez, que influiu moito nas súas ideas.

Coa morte dos seus pais, foi para España en 1799 para completar a súa educación. Aí casou co María Teresa Rodríguez del Toro y Alaysa en 1802 a cal, nunha breve visita de volta á Venezuela, morre de febre amarela en 1803. Bolívar volta á Europa en 1804 onde fará parte do séquito de Napoleón Bonaparte.

O libertador

Bolívar volveu para Venezuela en 1807. Cando Napoleón converte a Xosé rei de España e das súas colonias en 1808, Bolívar pasa a participar nas xuntas de resistencia na América. A xunta de Caracas declara a independencia en 1810, e Bolívar marcha para a Inglaterra nunha misión diplomática.

Volve á Venezuela en 1811. En xullo de 1812, o líder da xunta, Francisco de Miranda réndese, e Bolívar ten que fuxir para Cartaxena das Indias. É aquí que Bolívar escribe o Manifesto de Cartagena .

En 1813 lidera a invasión da Venezuela. Entra en Mérida o 23 de maio, sendo proclamado El Libertador ("o libertador"), recaptura Caracas o 6 de agosto e proclama a segunda república Venezolana. Pasa, entón, a comandar as forzas nacionalistas da Colombia , capturando Bogotá en 1814. Entretanto, despois de algúns contratempos militares, Bolívar é obrigado a fuxir, en 1815, para a Xamaica onde pide axuda ó líder Haitíano Alexander Sabes Petión.

En 1816, concedida esa axuda, Bolívar regresa os combates, desembarcando na Venezuela e capturando Angostura (hoxe, Ciudad Bolívar).

El Integrador

En 1826, Bolívar tenta promover a integración continental ao convocar o Congreso do Panamá. Compareceron ao congreso representantes da Colombia, da Guatemala, do México, do Perú e dos Estados Unidos. Era o principio das Conferencias Panamericas.

Bolívar tivo moitas dificuldades para administrar a chamada Gran Colombia. Durante o ano 1826 varias revoltas ocorreron en Venezuela, e, a pesar da amnistía e do arranxo de goberno coa participación dos rebeldes, creceu a disidencia política na rexión de Nova Granada.

Bolívar proclamouse ditador en 1828, a pesar de crer que sería unha medida provisoria. Sofreu unha tentativa de asasinato en setembro de 1828 e, aínda que frustrado, este acontecemento afectou o resto de súa vida.

Bolívar renunciou á presidencia o27 de abril de 1830. Neste mesmo ano, morreu de tuberculose en Santa Marta, Colombia.