Cultura: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: af:Kultuur
JAnDbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (untranslated message diq:Zagon
Liña 91: Liña 91:
[[da:Kultur]]
[[da:Kultur]]
[[de:Kultur]]
[[de:Kultur]]
[[diq:Portal:Zagon]]
[[diq:Zagon]]
[[dv:ސަގާފަތު]]
[[dv:ސަގާފަތު]]
[[el:Κουλτούρα]]
[[el:Κουλτούρα]]

Revisión como estaba o 14 de decembro de 2012 ás 14:06

Cultura (do latín cultura, cultivar o solo, coidar) é un termo con varias acepcións, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade.

Segundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural. Pola súa quenda, en bioloxía unha cultura é normalmente unha creación especial de organismos (en xeral microscópicos) para fins determinados (por exemplo: estudo de modos de vida bacterianos, estudos microecolóxicos etc). No dia-a-día das sociedades civilizadas (especialmente a sociedade occidental) e no vulgo acostuma ser asociada á adquisición de coñecementos e prácticas de vida recoñecidas como mellores, superiores, ou sexa, erudición; este sentido normalmente se asocia ao que é tamén descrito como “alta cultura”, e é empregado apenas no singular (non existen culturas, apenas unha cultura ideal, á cal os homes indistintamente deben se encadrar).

A antropoloxía encara a cultura como o total de padróns aprendidos e desenvolvidos polo ser humano. Segundo a definición pioneira de Edward Burnett Tylor, baixo a etnoloxía (ciencia relativa especificamente do estudo da cultura) a cultura sería “o complexo que inclúe coñecemento, crenzas, arte, morais, leis, costumes e outras aptitudes e hábitos adquiridos polo home como membro da sociedade.”

Polo tanto corresponde, neste último sentido, ás formas de organización dun pobo, os seus costumes e tradicións transmitidas de xeración para xeración que, a partir dunha vivencia e tradición común, se presentan como a identidade dese pobo.

O uso de abstracción é unha característica do que é cultura: os elementos culturais só existen na mente das persoas, en os seus símbolos tais como patróns artísticos e mitos. Mentres fálase tamén en cultura material (por analoxía a cultura simbólica) cando do estudo de produtos culturais concretos (obras de arte, escritos, ferramentas etc). Esa forma de cultura (material) é preservada no tempo con máis facilidade, unha vez que a cultura simbólica é extremadamente fráxil.

Cultura e sociedade

Sociedade e cultura son dous termos que deben distinguirse. Aínda que toda cultura precise dunha sociedade para se desenvolver, unha sociedade non contén necesariamente unha única cultura (aínda que non sexa posíbel unha sociedade prescindir de cultura). A sociedade é entón a base para a existencia da cultura, e a cultura só de desenvolve pola interacción social.

Hai diversas clasificacións canto ao nivel de agregación cultural das sociedades. Pódese, por exemplo, partir de construcións culturais de carácter universal, patróns que existen en calquera culturas existentes; algúns destes padróns son:

Un segundo nivel sería representado por culturas nacionais, pouco homoxéneas mais que conservan trazos fundamentais de semellanza (idioma, padrón de trocas monetarias, por exemplo). A seguir existirían culturas locais, subculturas etc.

A participación cultural dáse inicialmente a través da educación (entendida no sentido da Paidea grega) pola cal os xoves membros dunha sociedade aprenden o que é esperado deles. Aparecen desde entón as restricións canto a sexo, idade, e clase social, no que concirne tanto ao aprendizaxe de certos elementos culturais canto á práctica de certas actividades. É moito común a distinción entre os xéneros no aprendizaxe dos patróns culturais. Outra distinción que fica plenamente caracterizada é a división en profesións: determinados membros se especializan en algún aspecto da cultura, séndolles innecesario coñecer outros aspectos que fican por conta doutras profesións.

Aquilo que foi chamado padrón cultural non debe ser entendido como unha norma ríxida, a respecto do cal calquera desvío é rexeitado. Os padróns culturais son flexíbeis, uns máis do que outros, mais no xeral existe unha gama de comportamentos aceptados.

Aprendese a cultura de modo non-instintivo. As crianzas teñen a propensión de aprender máis rápido do que os adultos, por iso é case imposíbel integrar completamente un estranxeiro nunha cultura nova. Esta é a razón pola cal etnólogos precisan pasar ata décadas convivindo con grupos sobre os cales realizan estudos, se desexan realmente facer eses estudos baixo unha observación participativa.

Vantaxes da cultura

A principal vantaxe da cultural é o chamado mecanismo adaptativo: a capacidade de responder ao medio por medio da mudanza de hábitos, máis rápida do que unha posíbel evolución biolóxica. O home non precisou, por exemplo, desenvolver longa pelaxe e grosas capas de gordura baixo a pel para vivir en ambientes máis fríos – el simplemente adaptouse co uso de roupas, do lume e de vivendas. A evolución cultural é máis rápida que a biolóxica. Así e todo, ao rexeitar a evolución biolóxica, o home tórnase dependente da cultura, pois esta actúa substituíndo elementos que constituirían o ser humano; a falta dun destes elementos (i.e., a supresión dun aspecto da cultura) causaría o mesmo efecto dunha amputación ou defecto físico, talvez aínda peor.

Alén diso a cultura é tamén un mecanismo cumulativo. As modificacións realizadas por unha xeración pasan á xeración seguinte, de modo que a cultura transformase perdendo e incorporando aspectos máis adecuados á sobrevivencia, reducindo o esforzo das novas xeracións.

Un exemplo de vantaxe obtida a través da cultura é o desenvolvemento do cultivo do solo, a agricultura. Con ela o home pode ter maior control sobre o fornecemento de alimentos, minimizando os efectos de escaseza de caza ou colecta. Tamén pode abandonar o nomadismo; de aí a fixación en aldeas, cidades e estados.

A agricultura tamén permitiu o crecemento populacional dun xeito acentuado, que xerou un novo problema: producir alimento para unha poboación maior. Desenvolvementos técnicos – facilitados polo maior número de mentes pensantes – permiten que esa dificultade sexa superada, mais pola súa vez inducen a un novo aumento da poboación; o aumento populacional é así causa e consecuencia do avanzo cultural.

Mudanza cultural

Como mecanismo adaptativo e acumulativo, a cultura sofre mudanzas. Pérdense trazos, engádense outros, en velocidades variadas nas diferentes sociedades.

Dous mecanismos básicos permiten a mudanza cultural: a invención ou introdución de novos conceptos e a difusión de conceptos a partir outras culturas (fálase en aculturación cando é algo imposto, e transculturación cando é algo feito de común acordo). Hai tamén a descuberta, que é un tipo de mudanza cultural orixinado pola revelación de algo descoñecido pola propia sociedade e que ela decide adoptar.

A mudanza carrexa normalmente resistencia. Visto que os aspectos da vida cultural están ligados entre si, a alteración mínima de tan só un deles pode ocasionar efectos en todos os outros. Modificacións na maneira de producir poden, por exemplo, interferir na escolla de membros para o goberno ou na aplicación de leis. A resistencia á mudanza representa unha vantaxe, no sentido de que tan só se adoptarán modificacións realmente proveitosas e que sexan por iso inevitábeis, evitándose así o esforzo da sociedade en dotar e despois rexeitar determinado concepto novo.

O ambiente exerce un papel fundamental sobre as mudanzas culturais, aínda que non único: os homes mudan a súa maneira de encarar o mundo tanto por continxencias ambientais canto por transformacións da consciencia social.

Percepción e etnocentrismo

A percepción da cultura é difícil para o ser humano común. Inmerso na súa propia cultura, el tende a encarar as súas escollas como naturais, os seus patróns culturais como os máis racionais e máis axustados a unha boa vida. Cando moito, percebe algo que é inadecuado e que “podería ser doutra forma.” O que permite unha percepción cultural máis intensa é o contacto con outras culturas.

Mais, unha vez que se dá este contacto, a tendencia natural é rexeitar a outra cultura como inferior, como inatural. É o chamado etnocentrismo, unha barreira que, a despeito de prexudicar o entendemento e relación con outras culturas, serve xustamente para preservar a identidade dunha cultura fronte á posíbel difusión de preceptos doutras culturas.

Os estudosos da cultura utilizan o chamado relativismo cultural contra o etnocentrismo: consideran cada aspecto cultural en relación á cultura estudada, e non en relación á a súa propia cultura, senón suxeitos formados dentro doutro sistema de valores.

Cultura en animais

É posíbel identificar cultura en algúns animais superiores, especialmente mamíferos (e dentro destes, especialmente primates). Mentres os animais inferiores utilízanse de adaptacións físicas e biolóxicas para resistir aos perigos do meo (por exemplo, reprodución exaxerada para manter a especie - contorna as facilidades na extinción de individuos), grupos como os primates utilízanse do comportamento adaptábel para sobrevivir. Os primates posúen como características culturais, entre outras: o uso de instrumentos toscos (para quebrar cascas de alimentos, para se defender), a transmisión para os fillotes de coñecemento canto a alimentos perigosos, o comportamento social, o cuidado coa prole (familia), e o comportamento sexual segundo determinadas regras.

Modelo:Link FA