Paracelso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: lv:Paracelzs
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: hy:Պարացելս
Liña 267: Liña 267:
[[hr:Paracelsus]]
[[hr:Paracelsus]]
[[hu:Paracelsus]]
[[hu:Paracelsus]]
[[hy:Պարացելս]]
[[id:Paracelsus]]
[[id:Paracelsus]]
[[it:Paracelso]]
[[it:Paracelso]]

Revisión como estaba o 14 de decembro de 2012 ás 00:38

Paracelso
Theophrastus Phillippus Aureolus Bombastus von Hohenheim
Paracelso por Quentin Matsys
Datos persoais
Nome completoPhilippus Aureolus Theophrastus Bombastus von Hohenheim
AlcumeParacelsus
Nacemento10 de novembro de 1493
LugarZúric Suíza Suíza
Falecemento24 de setembro de 1541
LugarSalzburgo Austria Austria
SoterradoTomb of Paracelsus
ResidenciaSuíza Suíza
Nacionalidadesuízo/alemán
EtniaPobo suízo
Actividade
Campoalquimista, médico e astrólogo
Alma máterUniversidade de Ferrara, Universidade de Basilea e Universidade de Viena
Contribucións e premios
Coñecido porporque se cría que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas
editar datos en Wikidata ]


Theophrastus Phillippus Aureolus Bombastus von Hohenheim,[1] ou Theophrastus Bombast von Hohenheim,[2] [3] coñecido como Paracelso ou Teofrasto Paracelso foi un alquimista, médico e astrólogo suízo nado en Zúric, na Teufelsbrücke, Einsiedeln, o 10 de novembro de 1493 e finado en Salzburgo, Austria, o 24 de setembro de 1541.[4] Foi moi coñecido porque se cría que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas, e por darlle ao zinc o seu nome, chamádoo zincum.[5]

O nome Paracelso (Paracelsus, en latín), que escolleu para si mesmo e polo que é xeralmente coñecido, significa "superior a Celso", un médico romano do século I.

Biografía e obra

Memorial de Paracelso, no Parque do seu nome, en Einsiedeln (Suíza).
Monumento Paracelso e Beratzhausen, Baviera.
Gravado dunha salamántiga segundo Paracelso.

Naceu e foi criado en Einsiedeln (Zúric, Suíza), fillo do médico e alquimista suabo Wilhelm Bombast von Hohenheim e de nai suíza. Na súa xuventude traballou nas minas como analista. Comezou os seus estudos aos 16 anos na universidade de Basilea, proseguíndoos máis tarde en Viena. Doutorouse na universidade de Ferrara.

Paracelso estaba contra a idea que entón tiñan os médicos de que a cirurxía era unha actividade marxinal relegada aos barbeiros.

As súas investigacións volcáronse sobre todo no campo da mineraloxía. Viaxou bastante en busca do coñecemento da alquimia. Fabricou remedios ou medicamentos coa axuda dos minerais para destinalos á loita do corpo contra a enfermidade.

Outra achega á medicina moderna foi a introdución do termo sinovial; de aí o líquido sinovial, que lubrifica as articulacións.

Ademais, estudou e descubriu as características de moitas enfermidades (sífilis e bocio, entre outras) e para combatelas serviuse do xofre e o mercurio.

Dise que Paracelso foi un precursor da homeopatía, pois aseguraba que "o parello cura o parello" e nesa teoría fundamentaba a fabricación das súas medicinas.

A orde cósmica era o que lle interesaba a Paracelso en primeira instancia, e achouno na tradición astrolóxica. A doutrina do Astrum in corpore é a súa idea capital e máis querida. Fiel á concepción do home como microcosmos, puxo o firmamento no corpo do home e o designou como Astrum ou Sydus (en galego, astro ou constelación). Foi para el un ceo endosomático cuxo curso estelar non coincide co do ceo astronómico, senón coa constelación individual que comeza co "Ascendente" ou horóscopo.

Atribúeselle a paternidade do termo Espaxiria.

Un dos principios de Paracelso foi: "unicamente un home virtuoso pode ser bo médico"; para el a medicina tiña catro piares:

  1. Astronomía.
  2. Ciencias naturais.
  3. Química.
  4. O amor.

Introduciu o uso do láudano.

O seu principal libro foi A gran cirurxía (Die Grosse Wundartzney).

A pesar de que gañou bastantes inimigos e tivo fama de mago, contribuíu en gran maneira a que a medicina seguira un camiño máis científico e se afastase das teorías dos escolásticos.

Tamén achegou datos alquímicos. A Paracelso atribuíselle a idea de que os catro elementos (terra, lume, aire e auga) pertencían a criaturas fantásticas que xa existían antes do mundo. Así pois, a terra pertencería aos gnomos, a auga ás nereidas (ninfas acuáticas), o aire aos silfos (espíritos do vento) e o lume ás salamántigas (fadas de lume).

Igualmente, Paracelso aceptou os temperamentos galénicos e os asociou aos catro sabores fundamentais.

Esta asociación tivo tal difusión na súa época que aínda hoxe en día, na linguaxe coloquial, nos referimos a un carácter doce (tranquilo, flegmático), amargo (colérico), salgado (sanguíneo, dicharacheiro) e o carácter ácido pertencería ao temperamento melancólico.

Notas

  1. Debus, A. G. (1993): Paracelsus, Five Hundred Years. Paracelsus and the medical revolution of the Renaissance. Bethseda, Maryland: Hahnemann University Library, National Library of Medicine e Escola de Medicina da Universidade de Washington, páx. 4. Paracelsus.PDF
  2. Schüller Pérez, Amador (2004): Real Academia Nacional de Medicina de España. PDF Anales de la Real Academia Nacional de Medicina, tomo CXXI, caderno IV, páx., 676.
  3. Asimov, Isaac: Introducción a la ciencia. Volume 1. Barcelona: Orbis. ISBN 978-84-7634-117-9, páxs. 117-119.
  4. Jung, C. G.: Obra completa. Volume 15. Sobre el fenómeno del espíritu en el arte y en la ciencia. Paracelso. 3, § 1. Madrid: Editorial Trotta.
  5. Habashi, Fathi: "Discovering the 8th Metal" in International Zinc Association (IZA) PDF.

Véxase tamén

Bibliografía

Obras de Paracelso
  • Paracelso. Botánica oculta: las plantas mágicas según Paracelso. Ed. Facsimil. Rodolfo Putz. Valladolid: Maxtor. ISBN 978-84-9761-275-3.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. Textos esenciales. Edición de Jolande Jacobi, introducción de Gerhard Wehr, epílogo de C. G. Jung, traducción Carlos Fortea. El Árbol del Paraíso 24. Madrid: Ediciones Siruela. ISBN 978-84-7844-567-7.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. La naturaleza de las cosas. Barcelona: Ediciones Obelisco. ISBN 978-84-9777-342-3.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. Diccionario de botánica oculta: las plantas mágicas. Agotado. Barcelona: Ediciones 29. ISBN 978-84-7175-529-2.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. Los misterios de los signos del zodíaco: medicinas celestiales. Cura mágica de enfermedades con sellos grabados en metales. Barcelona: Editorial Humanitas. ISBN 978-84-7910-383-5.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. La aplicación de la magia divina: la filosofía oculta. Barcelona: Editorial Humanitas. ISBN 978-84-7910-381-1.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. Los secretos de la alquimia: el arte oculto revelado en la naturaleza de los planetas. Barcelona: Editorial Humanitas. ISBN 978-84-7910-380-4.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. Libro de las ninfas, los silfos, los pigmeos, las salamandras y los demás espíritus. Cuarta edición biligüe alemán-español. Barcelona: Ediciones Obelisco. ISBN 978-84-9777-043-9.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. Las plantas mágicas: botánica oculta. Agotado. Barcelona: Editorial Humanitas. ISBN 978-84-7910-037-7.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. Manual de la Piedra Filosofal y otros textos alquímicos. Barcelona: MRA. ISBN 978-84-88865-28-1.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. Paracelso: Obras Completas. Barcelona: Edicomunicación. ISBN 978-84-7672-264-0.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. Botánica oculta: las plantas mágicas. Agotado. Buenos Aires: Editorial Kier. ISBN 978-950-17-0611-6.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. Tres tratados esotéricos. Madrid: Luis Cárcamo editor. ISBN 978-84-85316-00-7.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • –. Obras Completas (Opera Omnia). Contiene Estudio Preliminar sobre Paracelso; Libro de los Prólogos; Libro de las Entidades; Libro de las Paradojas. 435 págs. Buenos Aires, Argentina: Editorial Schapire. ISBN 978-84-86307-45-5.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
Sobre Paracelso
  • Agamben, Giorgio. Signatura rerum: sobre el método. Buenos Aires: Adriana Hidalgo editora. ISBN 978-987-1556-17-5.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • Jung, Carl Gustav. Obras completas. Volumen 13. Estudios Sobre Representaciones Alquímicas. Paracelso como fenómeno espiritual (1942). Madrid: Editorial Trotta, en prensa. 
  • —. Obras completas. Volumen 15. Sobre el fenómeno del espíritu en el arte y en la ciencia. Paracelso (1929). Paracelso como médico (1941/1942). Madrid: Editorial Trotta. ISBN 978-84-8164-300-8/ ISBN 978-84-8164-342-8.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • Puerto, Javier. Paracelso: el hombre en llamas. Tres Cantos: Nivola libros y ediciones. ISBN 978-84-95599-24-7.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • Riviere, Patrick. Paracelso. Barcelona: Editorial De Vecchi. ISBN 978-84-315-2642-9.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  • Yates, F.A. El iluminismo rosacruz. Madrid: Ediciones Siruela. ISBN 978-84-9841-176-6.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)

Outros artigos

Ligazóns externas