Contaminación: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: as:প্ৰদূষণ |
m r2.7.3) (Bot: Engado: be:Забруджванне |
||
Liña 39: | Liña 39: | ||
[[arc:ܥܘܪܡܫܐ]] |
[[arc:ܥܘܪܡܫܐ]] |
||
[[as:প্ৰদূষণ]] |
[[as:প্ৰদূষণ]] |
||
[[be:Забруджванне]] |
|||
[[bg:Замърсяване]] |
[[bg:Замърсяване]] |
||
[[bn:দূষণ]] |
[[bn:দূষণ]] |
Revisión como estaba o 13 de decembro de 2012 ás 22:27
A contaminación é a introdución nun medio calquera dun contaminante; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente.
Tipos
En función do medio afectado
- Contaminación atmosférica. Debida ás emisións atmosféricas. Os contaminantes principais son os produtos de procesos de combustión convencional en actividades de transporte, industriais, xeración eléctrica e calefacción doméstica, a evaporación de disolventes orgánicos e as emisións de ozono e freóns.
- Contaminación do medio hídrico. Presenza de contaminantes na auga (río ou mar). Os contaminantes principais son os verquidos industriais (presenza de metais e evacuación de augas a elevada temperatura) e augas servidas (saneamento de poboacións).
- Contaminación do solo. Presenza de contaminantes no solo, principalmente debidos a actividades industriais (almacéns, verquidos ilegais), verquido de refugallos sólidos urbanos, produtos fitosanitarios empregados en agricultura (abonos e fertilizantes químicos) e xurros das actividades gandeiras.
En función da natureza do contaminante
- Contaminación química: Calquera das comentadas nos apartados anteriores. Un determinado composto químico introdúcese no medio.
- Contaminación térmica: Emisión de fluídos a elevada temperatura; pódese producir en cursos de auga. O incremento da temperatura do medio diminúe a solubilidade do osíxeno na auga.
- Contaminación acústica: A debida ó ruído provocado polas actividades industriais, sociais e do transporte, que pode provocar malestar, irritabilidade, insomnio, etc.
- Contaminación lumínica: Brillo ou resplandor de luz no ceo nocturno producido pola reflexión e a difusión da luz artificial nos gases e nas partículas do aire polo uso de luminarias ou excesos de iluminación, así como a intrusión de luz ou de determinadas lonxitudes de onda do espectro en lugares non desexados.
- Contaminación ou impacto visual: Xeralmente de instalacións industriais, edificios e infraestruturas, consistente no afeamento do medio.
En función da extensión da fonte
- Contaminación puntual: Cando a fonte se localiza nun punto. Por exemplo, as chemineas dunha fábrica ou un sumidoiro.
- Contaminación lineal: A que se produce ó longo dunha liña. Por exemplo a contaminación acústica e química polo tráfico dunha autopista.
- Contaminación difusa: A que se produce cando o contaminante chega ó ambiente de forma distribuída, non localizada. A contaminación de solos e acuíferos polos fertilizantes e pesticidas empregados na agricultura é deste tipo. Tamén é difusa a contaminación dos sollos cando a chuvia arrastra ata alí contaminantes atmosféricos, como pasa coa chuvia ácida.
Notas
- ↑ World Resources Institute: August 2008 Monthly Update: Air Pollution's Causes, Consequences and Solutions Submitted by Matt Kallman on Wed, 2008-08-20 18:22. Consultada o 17/04/09.
- ↑ waterhealthconnection.org Overview of Waterborne Disease Trends By Patricia L. Meinhardt, MD, MPH, MA, Author. Consultada o 16/04/09.
- ↑ Pennsylvania State University > Potential Health Effects of Pesticides. por Eric S. Lorenz. 2007.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Contaminación |