Matsuo Basho: Diferenzas entre revisións
m r2.7.3) (Bot: Engado: ky:Мацуо Басё |
m Categoría |
||
Liña 97: | Liña 97: | ||
[[Categoría:Poetas]] |
[[Categoría:Poetas]] |
||
[[Categoría:Escritores do Xapón]] |
[[Categoría:Escritores do Xapón]] |
||
[[Categoría:Nados na prefectura de Mie]] |
|||
[[an:Matsuo Bashō]] |
[[an:Matsuo Bashō]] |
Revisión como estaba o 12 de decembro de 2012 ás 11:59
Ficheiro:MatsuoBashoChusonji.jpg Estatua de Matsuo Basho, Chusonji, Hiraizumi, Prefectura de Iwate, Xapón. | |
Nome orixinal | (ja) 松尾芭蕉 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ja) 金作 1644 Ueno |
Morte | 28 de novembro de 1694 Osaka |
Lugar de sepultura | Gichū-ji (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Sekiguchi Bashōan (en) Genjū-an (en) Bashō's birth house (en) |
País de nacionalidade | Xapón |
Actividade | |
Lugar de traballo | Edo |
Ocupación | poeta , escritor |
Empregador | Sengin (en) |
Xénero artístico | poesía |
Movemento | Shōfū haikai (en) |
Profesores | Kitamura Kigin (en) |
Alumnos | Takarai Kikaku../... 25+ (en) |
Pseudónimo literario | 甚七郎 甚四郎 俳聖 |
Lingua | Lingua xaponesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Matsuo Bashō (松尾 芭蕉, まつお ばしょう, de apelido Matsuo e de alcume Bashō, bananeira), nado preto da vila de Ueno (actual cidade de Iga), na provincia de Iga (actual prefectura de Mie) en 1644 e finado en Osaka o 28 de novembro de 1694, foi un poeta xaponés; o mais célebre no seu pais e no mundo[Cómpre referencia], principalmente por ese xénero de poemas curtos que hoxe chamamos haiku.
Traxectoria
Naceu nunha familia de orixe samurai. Aínda neno (9 anos) veu a ser paxe de Tōdō Yoshitada, un potentado local, dous anos mais vello que el, con grande interese no haikai no renga. En común, tiñan o amor pola poesía e as ensinanzas que recibiron dos grandes mestres da época. En 1662, Bashō publicou o seu primeiro poema. Dous anos despois, os dous amigos compuxeran un poema encadeado de 100 estrofas, xuntamente con outros poetas amadores.
En 1666, coa morte do xoven amigo, Bashō ficou impedido de continuar na súa casa. Pouco se sabe sobre esa época da súa vida. Os seus poemas, entretanto, continuaran a ser publicados. Antes de se mudar para Edo (actual Toquio), en 1672, Bashō edita unha antoloxía, Kai Ooi, que el mesmo organizou. En Edo, Bashō foi admirado polo seu estilo simple e natural. Tomou o nome literario de Tosei e arredor de 1680 dedicábase a ser profesor de poesía, chegou a ter 20 discípulos que publicaron Os Mellores poemas dos Vinte Discípulos de Tōsei(桃青門弟独吟二十歌仙, Tōsei-montei Dokugin-Nijukasen).
Bashó, após a publicación de Minashiguri, antoloxía de versos publicada en 1684, realiza a primeira das súas catro viaxes polo Xapón. É desa época (1685) o seu haiku mais célebre, No vello tanque,
Xaponés | Transliteración | Tradución[1] |
---|---|---|
|
|
|
e tamén o seu libro mais famoso, Sendas de Oku [2].
Na súa última viaxe, Bashō adoece antes de chegar ao local destinado, (Kiushu). O seu último haiku fala da súa xornada poética:
Xaponés | Transliteración | Tradución |
---|---|---|
|
|
|
Estilo
Bashō non se limitou ás fórmulas tradicionais do xénero, relativas á representación das estacións (kigo) se non que tiña un estilo mais realista e emotivo.[3]
"古人の跡を求めず、古人の求めたるの所を求めよ"
"Non sigas as pegadas dos antigos, busca o que eles buscaron"[4]
Xa en vida foi un autor moi popular e o seu prestixio foi aumentando co tempo (no 1793 foi deificado) no sendo até o século XIX que comezaron a aparecer algunhas críticas ao seu estilo.
Obras
- Oku no hosomichi (Sendas de Oku)
Libro de viaxes, que en cada páxina conten un pequeno relato en prosa e un haiku inspirado por el. Non está traducido ao galego, porén existe unha tradución española de Antonio Cabezas García na Editora Hiperión:
- Senda hacia tierras hondas : Oku no hosomichi ISBN 84-7517-390-X
Algúns dos seus haikus foron traducidos ao galego na recompilación 77 haikus, de Consuelo García Devesa.
Notas
- ↑ Existen moitas traducións amplamente diferentes deste poema, o significado literal é o que se transcrebe, a segunda palabra, ike, pode tamén traducirse por pequeno lago, poza [1]
- ↑ Publicado en 1702, o libro describe una viaxe realizada por Bashō durante a primavera e o outono de 1689, de Edo á rexión de Oku. A viaxe durou 156 dias, percorridos a pé.
- ↑ Ueda, Makoto (1970). Matsuo Bashō. Tokyo: Twayne Publishers. Páxina 50
- ↑ "Words by a Brushwood Gate" (柴門の辭)
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Matsuo Basho |
Ligazóns externas
- O mundo do haiku
- Bosque de Bambú, camino del haiku - Bashô - Oku no Hosomichi Japones - Español