Turonio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
Abrangue os territorios comprendidos entre a [[Ría de Vigo]] e o [[Río Miño]] e desde [[Entenza]] até a desembocadura do Miño no Atlántico. Os lindes polo leste son pouco claros pero nunca excederían os do [[bispado de Tui]].
Abrangue os territorios comprendidos entre a [[Ría de Vigo]] e o [[Río Miño]] e desde [[Entenza]] até a desembocadura do Miño no Atlántico. Os lindes polo leste son pouco claros pero nunca excederían os do [[bispado de Tui]].


En diferentes documentos lemos que agrupaba as terras do [[Val Miñor]], do [[Fragoso]], País de [[Oia]], [[Zamáns]], [[Bembrive]], [[Val de Tebra]] e as terras miñotas entre [[Entenza]] e [[A Guarda]]. Algúns estudosos sosteñen que coa perda, no [[bispado de Tui]], de gran parte dos seus territorios con motivo da [[independencia de Portugal]] Turonio pasou a ser empregado para denominar as posesións que aínda conservaba o bispado.
En diferentes documentos lemos que agrupaba as terras do [[Val Miñor]], do [[Fragoso]], País de [[Oia]], [[Zamáns]], [[Bembrive]], [[Val de Tebra]] e as terras miñotas entre [[Entenza, Salceda de Caselas]] e [[A Guarda]]. Algúns estudosos sosteñen que coa perda, no [[bispado de Tui]], de gran parte dos seus territorios con motivo da [[independencia de Portugal]] Turonio pasou a ser empregado para denominar as posesións que aínda conservaba o bispado.


== Referencias históricas ==
== Referencias históricas ==

Revisión como estaba o 27 de decembro de 2006 ás 16:31

  • O xentilicio que lle corresponde é turonián/turoniá.
  • É un topónimo bastante escuro e chega a nós por medio de fontes pouco claras. É tratado, segundo o informante, como: realengo, condado, e de forma máis xenérica como Terra/s de Turonio. Tamén o topónimo vacila a súa forma: Toronio, Turonio, Turonia, Torona, Torono... A utilización do feminino Turonia se emprega para referirse ao local do castelo, actual Torroña, e o masculino Turonio para o terreo máis extenso.

Extensión xeográfica

Abrangue os territorios comprendidos entre a Ría de Vigo e o Río Miño e desde Entenza até a desembocadura do Miño no Atlántico. Os lindes polo leste son pouco claros pero nunca excederían os do bispado de Tui.

En diferentes documentos lemos que agrupaba as terras do Val Miñor, do Fragoso, País de Oia, Zamáns, Bembrive, Val de Tebra e as terras miñotas entre Entenza, Salceda de Caselas e A Guarda. Algúns estudosos sosteñen que coa perda, no bispado de Tui, de gran parte dos seus territorios con motivo da independencia de Portugal Turonio pasou a ser empregado para denominar as posesións que aínda conservaba o bispado.

Referencias históricas

  • No Cronicón, do bispo Idacio, ano 445, fálase de Turonia coma lugar a onde chegaron os vándalos desembarcados dun navío atracado nun porto veciño, e prendendo a moitas familias.
  • No Concilio de Lugo do ano 569 fálase, entre outros lugares, de Turonia como terra do bispo de Tui.
  • O Rei visigodo Recaredo alcuñou moeda en Turonio coa lenda "Vitoria", pouco despois da conquista do reino suevo polos visigodos, esta foi en 585.
  • El rei e emperador Alfonso VII e a súa dona Berenguela doaron ao bispo de Tui, Don Pelayo Menéndez, en 1142 o castelo de Santa Helena de Turonia.
  • A primeira referencia documentada de Vigo na Idade Media é de 1097, e cítase como parte do condado de Turonio.

Referencias literarias

O nobre portugués Garcia Mendez de Eixo, presente na corte de Sancho I a finais do século XII, e falecido en 1239 fai referenza a Turonio nunha cantiga:


Ala uuaz que la Torona

e los parens son tauz

e la terra he trou bona

e ja quites son los chauz

c'ora me volho tornar

a Sousa a lo mon logar (...)

Reminiscencias na zona

Existen varios topónimos na zona de Turonio que posiblemente proveñan ou sexan orixe do topónimo en cuestión: Troña (lugar do concello de Ponteareas afamado polo seu castro), Torroña (lugar do concello de Oia) e ,con menor probabilidade, Torneiros (parroquia do concello de Porriño)