Universidade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.6.5) (Bot: Engado: gn:Mbo'ehaovusu
Liña 48: Liña 48:
[[gan:大學]]
[[gan:大學]]
[[gd:Oilthigh]]
[[gd:Oilthigh]]
[[gn:Mbo'ehaovusu]]
[[he:אוניברסיטה]]
[[he:אוניברסיטה]]
[[hi:विश्वविद्यालय]]
[[hi:विश्वविद्यालय]]

Revisión como estaba o 3 de decembro de 2012 ás 20:02

Colexio Maior Fonseca, no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela.

Unha universidade é un centro de ensino superior e investigación, constituído xeralmente por facultades, que outorga graos académicos e títulos profesionais. Para aloxamento dos estudiantes ten Colexios Maiores (Colexios Universitarios) e Residencias.

En Galicia

A universidade moderna xurdiu en Europa na Idade Media. En Galicia existen hoxe en día tres universidades: a Universidade de Santiago de Compostela con campus en Santiago de Compostela e Lugo; a Universidade de Vigo con campus en Vigo, Pontevedra e Ourense; e a Universidade da Coruña con campus na Coruña e máis en Ferrol. A de Santiago foi historicamente a universidade galega, criada a fins do século XIV. Foi na década de 80 do século XX que a Xunta de Galicia decidiu a creación das universidades da Coruña e Vigo, a partir dos campus que a de Santiago tiña xa nestas cidades. En Galicia tamén están presentes dúas universidades públicas de ensino a distancia, a Universidad Nacional de Educación a Distancia con catro centros asociados así como a Universidade Aberta portuguesa con un centro para toda Galicia, e un centro universitario privado, o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), afiliado ao University College Dublin.

Véxase tamén

Ligazóns externas